23 febrero 2009

Deputación no dejará tirados
a los empresarios del mueble

A DEPUTACIÓN APOIARÁ ECONOMICAMENTE UNHA FEIRA PROMOVIDA POLOS EMPRESARIOS DO MOBLE DA ESTRADA PARA LIQUIDAR STOCKS

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, desprazouse hoxe á Estrada para reunirse cós Empresarios do Moble, para escoitar as súas demandas e propostas.
Os empresarios estradenses queixáronse dos «moitos problemas» que están a padecer «debido á actual coxuntura económica», polo que o presidente provincial ofreceu o compromiso da Deputación para colaborar a paliar esta grave situación de crise mediante distintas axudas.
Empresarios e Deputación acordaron colaborar conxuntamente No financiamento dunha Feira do Moble que sirva para dar liquidación os stocks e remanentes que aínda nos se venderon. O organismo provincial apoiará economicamente esta iniciativa, por considerala «de vital importancia para o mantemento dun sector tan importante para A Estrada como é o moble».
Os empresarios laiáronse do fracaso da Fundación do Moble, e culparon ós conflitos da Xunta de Galicia a ausencia dun xerente que a xestionase.
Louzán, qué volverá reunirse cos empresarios do moble no prazo dun mes, solicitoulles que redactaran todas as súas propostas, «posto que eles mellor que ninguén coñecen as súas necesidades», e llas presentaran, «e da Deputación fará todo o que estea de man para axudarlles, como fai sempre».