20 febrero 2009
Quintana : un día con los mayores, el terreno que tanto le agrada...
Publicado por C&CdeGaliza en 20.2.09 Etiquetas: CAMPAÑA, GALICIA, POLITICAQUINTANA PIDE O VOTO ÁS PERSOAS MAIORES PARA “SEGUIR A FACER POLÍTICAS PARA OS MAIORES CONTANDO COS MAIORES”
OIA (MORRAZO-tribuna) .- O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou nun acto con máis de 600 persoas maiores procedentes de toda Galiza nun acto organizado pola confederación que integra ás asociacións de persoas maiores de toda a xeografía galega, ao que foi convidado para expor o programa do nacionalismo galego en materia de servizos sociais e benestar.
“Hoxe tócame a min pedirlles a vostedes o voto, para iso viñen aqui”, admitíu o portavoz nacional, “pídollo para que, en liberdade, elixan o que consideren mellor para Galiza. O que pretendemos é facer futuro porque a todos e todas vostedes quédalles moito futuro”, asegurou.
Quixo destacar o labor feito nestes tres anos e medio en tres ámbitos diferentes: mellorar o servizo, pór en marcha programas de envellecemento activo, para prever situacións de dependencia e que a xente maior poida xogar un papel activo na sociedade e un proceso de democratización e participación dos maiores na sociedade”.
Destacou a mellora de servizos que se ten levado adiante e que se dirixíu a ás máis de de 570.000 persoas maiores de 65 anos que hai en Galiza ás que se dirixíu un esforzo moi importante co incremento de prazas públicas en residencias en máis de 2.000.
O líder nacionalista insistíu na necesidade de seguir a traballar para ter “máis prazas de residencia pero tamén volcamos os nosos esforzos en facer unha rede pública de centros de día onde a xente pode ir, os que precisan axuda, para que poidan volver para casa e estar coa familia”.
Destacou asi o labor levado adiante na construción de 57 centros de día, nos programas de axuda no fogar ou transporte adaptado (065) que vai estar en todos os concellos de Galiza, o programa de xantar a domicilio.
“Multiplicamos por 4 o servizo de axuda no fogar”, contou,e cumprimos o compromiso de mellorar as pensións máis baixas do Estado español co complemento autonómico para pensións máis baixas que xa chega a 50.000 persoas e son moitas máis as que o precisan”.
Anxo Quintana admitíu que “queda moito por facer, moitos dependentes que fixeron a valoración e están esperando pola súa prestación” e, nesta liña explicou que hai 54.000 persoas valoradas, 23.000 que teñen dereito á prestación e 11.500 que a están recibindo. Hai xente impaciente que levan moito tempo esperando. Teñen toda a razón do mundo”, dixo, “pero teñen que recoñecer que a min pódenme reclamar porque xa fixen algo, e aos outros, nada, porque non había posibilidade de ningunha prestación. Empezamos un camiño moi importante que rematará na próxima lexislatura” e lembrou que “o que non se fixo en 40 anos non se pode facer en tres anos e medio”.
Destacou tamén a existencia de programas de envellecemento activo pe indicou que “teñen moito dereito a divertirse. Téñenme criticado por ir ás festas e bailar con vostedes. Eu pásoo moi ben igual me critican porque están celosos, alá eles”, dixo.
O último dos eixos do labor do nacionalismo neste eudoi é “pular pola participación: quixemos facer política para os maiores participación por uso centros sociocomunitarios, para que haxa un consello de participación, consello rector no que a xente pode dirixir o seu propio centro. Queremos facer política para os maiores contando cos maiores e fortalecer o movemento asociativo aumentando o nivel de axudas das asociacións, dándolle corpo institucional e favorecendo que poidan xogar con solvencia e eficacia o seu papel”.
“Ofrezo o traballo dunha forza política que pode ter moitos defectos, pero que fai algo que ninguén lle pode negar: defender a Galiza en todo trance”, indicou, e por iso pedíu “o seu apoio, impórtame pouco a quen votaran en outras ocasións”.
“Non se fíen das palabras, fíense dos feitos”, advertíu o portavoz nacional, “que son que nestes tres anos e medio hai suficientes feitos para que valoren e tomen a súa decisión en liberdade o día 1”. “Pídolles que o fagan para que non permitan que suceda unha cousa: tense vilipendiado, caricaturizado, ridiculizado o voto dos maiores. Os maiores saben o que fan e votan por quen lle dá a gana. Teñen que valoralo