27 febrero 2009

Moaña de arriba y Coiro(Cangas) mejoran su enlace con el apoyo de Deputación

A DEPUTACIÓN DESTINA 150.000 EUROS PARA MELLORAR O FIRME DA ESTRADA MOAÑA-COIRO E PARA A SEGURIDADE VIAL NA LOCALIDADE DE A MEIXOADA
A Deputación de Pontevedra investirá 150.000 euros na mellora do firme da estrada provincial entre Moaña e Coiro.

CANGAS-MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra investirá 150.000 euros na mellora do firme da estrada provincial entre Moaña e Coiro.
Según o proxecto, cuio importe está incluido nos presupostos provinciais do 2009, a actuación realizaráse ó longo dos 3,8 kilómetros de lonxitude da vía. As obras consistirán na execución dunha capa de rodadura de cinco centímetros de espesor, no axeitamento e limpeza de marxes e na sinalización vertical e horizontal. A actuación prevista é complementaria da limpeza e saneo de cunetas que se realizou no último trimestre do ano pasado.
A mellora da estrada Moaña-Coiro tén por obxectivos mellorar a seguridade vial e as condicións de circulación dos vehículos e peatóns en todo o vial, especialmente nas zonas urbanas de A Meixoada.
O proxecto de mellora da devandita estrada xa foi redactado polos servizos técnicos da institución provincial polo que, ó estar incluido nos presupostos do 2009, cando éste sexa operativo o vindeiro mes de marzo, os traballos executaránse para estar rematados antes do próximo verán.