Dende fai algúns anos, axentes do Corpo Nacional de Policía desprázanse ás instalacións do Concello da Guarda para posibilitar a renovación do DNI ás persoas que o precisen. Nestes últimos tempos, o número de persoas atendidas de cada vez era de trinta.
Feitas as xestións precisas, o número de persoas que van ser atendidas cada día pasará a ser de cincuenta. Por iso, dende o Concello estase a chamare á xente que tiña vez dada porque debido ó incremento de citas mensuais vaise atender antes.
Lembramos que as citas para renovación do DNI poden solicitarse chamando ó teléfono do Concello 986610000 ou acudindo personalmente ó propio Concello.