Ruiz Rivas denuncia que a xerente do centro prima a súa militancia socialista e o proselitismo político sobre a mellora da asistencia sanitaria da poboación asignada ao hospital comarcal
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O xerente do Hospital Comarcal da Barbanza continúa utilizando os recursos públicos para facer campaña electoral a prol do PSOE e, estes días, está a incitar aos traballadores do centro sanitario a votar á candidatura socialista, segundo denuncia o portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, citando fontes internas do hospital.
Con todo, o feito de que a xerente estea pedindo o voto para o PSOE aos traballadores que ten baixo a súa responsabilidade non sorprende ao PPdeG, que recorda outros episodios pouco edificantes protagonizados por esta persoa que, xa nas municipais do 2006, utilizou o hospital para organizar un acto electoral coa candidatura socialista de Ribeira.
Recorda Ruiz Rivas que na última cea de nadal, a xerente do Hospital xa pediu o voto para o PSOE durante unha intervención na que insistiu na necesidade de votar co corazón e “o corazón o temos na esquerda”, segundo subliñou a oradora.
Máis recentemente, o recinto do Hospital Comarcal da Barbanza apareceu empapelado con cartelería electoral do PSOE, autorizada expresamente pola xerente do centro, acreditando deste xeito que prima a militancia e o proselitismo político sobre a mellora da asistencia sanitaria da poboación asignada ao hospital comarcal.