PRINCIPAIS ACTUACIÓNS DE URXENCIAS SANITARIAS 061-GALICIA DURANTE A XORNADA DE HOXE, 27 DE FEBREIRO DE 2009 ATA AS 14.00 HORAS
O servizo de xestión das urxencias extrahospitalarias do Goberno galego atendeu 11 accidentes de tráfico e outras 205 urxencias
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de 11 accidentes de tráfico e outras 205 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de 11 accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 205 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 301 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 12:54 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente de tráfico no concello de VIGO, avenida Pizarro. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira asistencia, trasladou a un varón de 34 anos, D.M.R., cun traumatismo nun ombro, a un centro privado de Vigo.
O 061 de Galicia dispón de 102 ambulancias asistenciais e 10 medicalizadas, así como de dous helicópteros medicalizados para atender as 24 horas do día e os 365 días do ano ás urxencias médicas de todas e todos os galegos e galegas.