23 febrero 2009

Cerdedo inicia obras de su Casa da Cultura con el apoyo de Deputación

LOUZÁN ASISTE EN CERDEDO Ó INICIO DAS OBRAS DA CASA DA CULTURA E ASINA O CONVENIO PARA A DOTACIÓN DUN VEHÍCULO ADAPTADO

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acudiu esta mañá a Cerdedo ó inicio das obras da Casa da Cultura, nas que o ente provincial inviste unha achega de 1.050.873 euros.

O futuro centro cultural, emprazado fronte a rúa das Longas, no centro urbano do municipio, nas proximidades da casa consistorial, centro educativo e o Cuartel da Garda Civil, contará cun salón de actos, sala de exposicións, unha sala de usos múltiples, vestíbulo, biblioteca, dous despachos, un aseo e almacén.

As obras do centro, que contan cun prazo de execución de nove meses, servirán para dotar ó conxunto dun edificio multisocial de dúas plantas, un auditorio de dos niveis con capacidade para 200 persoas e un Museo da Pedra para exposicións fixas e temporais.

Na primeira planta, o centro disporá unha biblioteca que recollerá os máis de 6.000 libros conservados hoxe na Casa dos Mestres, área de novas tecnoloxías e zona de reunións, aulas de formación e actividades e despachos.

Minibús para o concello
Por outra banda, Louzán e Balseiros asinaron tamén un convenio que posibilitará a adquisición por parte do concello dun vehículo adaptado, en concreto, un Citröen HDI 160 minibus de 17 plazas e ar acondicionado.
O custe deste vehículo ascende a 39.355 euros. Deste orzamento, a Deputación asumirá o 23,1%; Caixanova outro 23,1% e a entidade Citröen realizará un desconto no prezo do 30,7% de xeito que, finalmente, o Concello asumirá a contía restante, outro 23%.
O Concello de Cerdedo poderá dispoñer do vehículo no prazo de un mes, aproximadamente, unha vez que se resolvan trámites como a matriculación.