O presidente da Deputación visitou as obras do centro invitado polo veciños desta parroquia de Ponteareas
-LOUZÁN COMPROMÉTESE A ASFALTAR OS ACCESOS ÑO CENTRO CULTURAL DE GULÁNS E A REALIZAR OUTRA ACHEGA ECONÓMICA NO 2009
PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, comprometeuse hoxe a asfaltar os accesos ó centro cultural de Guláns, en Ponteareas, e a consignar unha nova partida económica nos orzamentos do 2009 co obxecto de darlle outro pulo a este proxecto impulsado pola Fundación Guláns.
O titular do organismo provincial visitou hoxe estas instalacións en atención a unha invitación dos veciños xa que estes querían que Louzán tivese a oportunidade de comprobar e supervisar as obras executadas cunha achega realizada pola Deputación de 120.000 euros.
No acto tamén estivo presente o alcalde de Ponteareas, Salvador González, e o presidente da Fundación Guláns, Juan Antonio Rodríguez Varela quen agradeceu a contribución realizada pola institución provincial “que foi imprescindible para darlle un importante pulo a este proxecto.
Pola súa banda, o presidente felicitou ós veciños por ser capaces de unirse para levar adiante un proxecto como este e tamén lle deu os seus parabéns ó arquitecto da obra porque entendeu que o edificio está moi ben deseñado e aproveitado para o seu uso”.