A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- A concellería de Turismo da Guarda amosou a súa satisfacción polo paso dado cara á consecución da declaración da Festa do Monte como festa de interese turístico. A solicitude e o proxecto que se presentaron diante da Xunta o 19 de xuño do 2008 é froito do traballo entre á Comisión da Festa do Monte, comisión que leva traballando dende o 2000 pola celebración e realce destas festas, e a concellería de Turismo. "A Festa do Monte resume as inquedanzas e o sentir do pobo guardés dende a súa orixe no 1913. Así na segunda semana de agosto a nosa vila énchese de actos culturais, deportivos, de festa e de encontro entre veciños, familiares e amigos converténdose nunha semana chea de ledicia e de disfrute colectivo. Tralo informe positivo da Consellería de Innovación e Industria unicamente falta que a solicitude sexa remitida ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva", explica Montse Magallanes, concelleira de Turismo.
"Queremos dende o grupo de goberno das as gracias a todos aqueles homes e mulleres que integraron as distintas comisións. Sen o seu esforzo e o da cidadanía guardesa non sería posible acadar agora a distinción de festa de interés turístico", sinala a portavoz municipal.
TAMBEM O BNG
A Consellaría de Innovación e Turismo, dirixida polo nacionalista Fernando Blanco, por medio da Dirección Xeral de Turismo vén de aprobar a declaración das Festas do Monte como “festa de interese turístico”, feito de suma importancia para o pobo da Guarda.
Compre lembrar que sendo unha das festas máis senlleiras do país, esta declaración é unha porta aberta á promoción turística do noso concello e un atractivo máis para que a Guarda aumente as súas visitas na época estival. Así mesmo, a declaración das Festas do Monte como festa de interese turístico é unha posta en valor dunha parte da nosa cultura popular, así como todos os valores que ilo comporta.
Os nacionalistas consideran fundamental a defensa do noso patrimonio cultural en todas as súas manifestacións e a súa promoción cara o exterior.
O BNG quere felicitar ás comisións que ao longo da súa historia organizaron as Festas do Monte e ao conxunto da poboación que co seu bo facer que fixo posíbel que estas festas chegasen a ter a consideración de “festa de interese turístico”.