22 febrero 2009

Más inversiones de Deputación
en materia de infraestructuras

O organismo investirá nesta fase 443.621 euros que sumados ó xa investido en tramos anteriores eleva o orzamento total do proxecto a 8 millóns
A DEPUTACIÓN CONCLÚE O PLAN DE MELLORA DA SEGURIDADE VIAL DA ESTRADA CALDAS-VILANOVIÑA COA REFORMA E ANCHEO DO TRAMO DE CALDAS-PORTAS

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o alcalde de Portas, Roberto Vázquez, e técnicos da Deputación presentaron hoxe o proxecto de mellora da seguridade vial da estrada Caldas-Vilanoviña, tramo Caldas-Portas, que en próximos días vai a ser acondicionado pola administración provincial.
Concretamente, o organismo vai a proceder ó ancheo deste tramo de 720 metros de longo e á posterior dotación dunha nova capa de rodaxe. Así mesmo, dentro deste proxecto está prevista a construción de dúas sendas para peóns de 2,50 metros de ancho que estarán separadas do arcén por unha zona verde de medio metro. Posteriormente procederase ó pintado das marcas viais con pintura reflectinte e microesferas de vidro que ser fará a través dunha máquina autopropulsada.Asemade, segundo comentou hoxe o presidente da Deputación, vaise a intentar dotar esta vía de iluminación.
Esta actuación no tramo de Caldas-Portas precisará un investimento de 443.621 euros, incluídas as expropiacións. Non obstante, compre destacar que se sumamos esta cantidade o xa investido na mellora de tramos anteriores o organismo provincial xunto co Concello de Portas investiron un orzamento total de 8 millóns de euros no plan de mellora da seguridade vial da estrada Caldas-Vilanoviña , nunha lonxitude de oito quilómetros.
En xeral, as obras de mellora da estrada provincial Caldas-Vilanoviña consistiron no ensanche da explanación da plataforma (de 12 a 14 metros en algúns puntos), con desmontes, terrapléns, derrubo e construción de novos muros e peches de nova aliñación. A formación de paseos e cunetas, o afirmado da zona ensanchada e a mellora do firme actual e, entre outras actuacións a instalación de sinalización horizontal e vertical.