19 febrero 2009

El BNG convence al Senado para que exija al Gobierno ayudas para la compra de coches

O SENADO APROBA UNHA MOCIÓN DO BNG PARA QUE O GOBERNO RESTABLEZA AS AXUDAS POLA COMPRA DE AUTOMÓBILES, E QUE SE CONDICIONEN AO MANTEMEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO POR PARTE DOS FABRICANTES
-Xosé Manuel Pérez Bouza salienta que esta medida “é a única que pode paliar a curto prazo a crise de vendas que sofre o sector”, cunha caída superior ao 40% no mes de xaneiro

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, presentou este mediodía en rolda de prensa a moción aprobada o pasado martes no Pleno do Senado pola que se insta ao Goberno a establecer axudas directas aos consumidores pola compra de vehículos para estimular a demanda a axudar ao sector do automóbil a saír da crise de vendas na que está inmerso.

Pérez Bouza cualificou de “insuficiente” o Plan VIVE para darlle unha solución a curto prazo a sector, á vista da caída das vendas en máis do 40% no mes de xaneiro. Neste sentido, cualificou de “triunfalistas” as declaracións do ministro de Industria, Miguel Sebastián, e as do Grupo Socialista, “contrarios a recoñecer a grave situación que vive o sector e a adoptar medidas para darlle unha resposta a curto prazo”.

Axudas directas aos compradores de vehículos

A moción, que foi aprobada o pasado martes no Pleno do Senado, contou unicamente cos votos en contra do PSOE.

A iniciativa promovida polo BNG consta de catro puntos.

En primeiro lugar ínstase ao Goberno a “poñer en marcha un novo Plan RENOVE, complementario do actual Plan VIVE, cunha axuda directa ao comprador de vehículos de 1.500 €. Este Plan RENOVE estará en vigor até o 31 de xullo de 2010, data que coincide coa finalización do Plan VIVE, cun obxectivo de 340.000 operacións”.

Compromiso de manter os postos de traballo.

En segundo lugar, a moción do BNG insta ao Goberno a “condicionar o conxunto das axudas ao sector da automoción ao compromiso de mantemento dos postos de traballo tanto dos fabricantes, comos dos concesionarios e distribuidores de automóbiles”.

Un terceiro punto establece que o Goberno cree “unha liña específica do ICO, destinada ás financeiras de marca na xestión dos préstamos amparados polo Plan VIVE”.

E en cuarto e último lugar, se insta ao Goberno a “impulsar no seo da Unión Europea que estas axudas directas se implanten en todos os Estados membros”.