19 febrero 2009

PP recuerda a BNG la "expulsión"
de Pescanova de Galicia

Sorpresa no PPdeG pola moción de censura do BNG á política pesquera do bipartito que apoiou durante estes catro anos
-Rueda lembralle a Quintana que forma parte do bipartito que expulsou a Pescanova de Galicia
-Quintana agardou catro anos para criticar a política pesqueira do PSOE, que apoiou ata o de agora

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, lémbralle a Anxo Quintana que, na súa condición de vicepresidente da Igualdade, tamén forma parte do Goberno bipartito que, entre outras decisións desafortunadas, expulsou a Pescanova de Galicia ao vetar a granxa acuícola que esta multinacional galega pretendía poñer en funcinamento e Cabo Touriñán (Muxía) e crear centos de postos de traballo directos e indirectos.

Rueda Valenzuela interpreta que as propostas e materia pesqueira presentadas hoxe por Quintana supoñen unha auténtico misil á liña de flotación da Consellería (socialista) de Pesca, pero constitúe tamén unha moción de censura encuberta á política pesquera do Goberno bipartito, do que Quintana forma parte.

"Anuncios como o de hoxe revelan a dobre personalidade da que fai gala o BNG, que apoiou ao PSOE na Xunta e no Parlamento, e viceversa, durante estes catro anos, para blindar o disfrute de moqueta, coches oficiais e outros luxos sufragados cos impostos de todos os galegos, e agardou á campaña electoral para criticar as decisións que tamén apoiou no seo do Consello de Goberno".

Conclúe o PPdeG que ese xogo de dobre moral dos socios do bipartito está a minar a credibilidade de calquera das propostas que están a afectuar por Galicia adiante, anunciando medidas que deberían ter posto en marcha nestes catro anos que dedicaron, en exclusiva, a disfrutar das prebendas que crearon para sí a costa dos contribuíntes.