Rueda insta a Touriño a que valore se desexa presentarse ás Eleccións co responsable dun presunto delicto ambiental encabezando a lista de Ourense
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, insta ao presidete da Xunta a que reflexione, na última xornada de campaña, sobre a comenencia de concorrer aos comicios co presunto responsable dun delicto ambiental encabezando a lista electoral do PSOE por Ourense.
Logo de acreditarse que os lixiviados xerados polo vertedoiro da Areosa que van parar ao Lengüelle poderían conter substancias altamente prexudiciais para o medio ambiente, pero tamén para a saúde das persoas que consuman esa auga, o PPdeG considera que o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, como responsable máximo das anomalías de Sogama, pasará á historia como o maior envelenador dos ríos de Galicia.
Manuel Vázquez, como padriño político do presidente de Sogama, ao que defendeu a capa a espada pese ás graves irregularidades ambientais e económicas cometidas por José Álvarez, é o causante principal dos vertidos tóxicos da Areosa que van para ao Lengüelle, e de aí, ao Tambre, do que se abastece de auga unha pobación de 100.000 persoas de Santiago de Compostela e o seu contorno.
A combinación da acumulación irregular de medicamentos no vertedoiro da Areosa, prohibida expresamete pola autorización ambiental integrada que entrou en vigor en abril de 2008, e de residuos sólidos urbanos, constitúe un feito sen precedentes en todo o mundo que xera un risco decoñecido para o medio ambiente e para a saúde das persoas, que pesan como unha lousa sobre a credibilidade de Touriño e de Vázquez.
O PPdeG ASPIRA AO “VERTIDO CERO”
Fronte a esta situación, Rueda agrega nos nos 6 primeiros meses da lexislatura, o futuro Goberno do PPdeG aprobará un novo Plan de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) que pivotará sobre a reducción dos residuos, a reutilización e a reciclaxe, co obxectivo do “vertido cero”. Trátase de evitar que os residuos acaben en vertedoiros, como está a pasar actualmente en Sogama.
Estas medidas completaranse coa construción de novas instalacións para o tratamento dos RSU que complementen á planta de Sogama, actualmente saturada, e coa dotación de puntos limpos a todos os concellos de máis de 3.000 habitantes.
En materia de depuradoras, para superar o parón dos últimos catro anos (licitación de menos de 5 depuradores/ano fronte a 14/ano anteriormente), PPdeG licitará conxuntamente proxecto e obra para axilizar a posta en servizo das instalacións pendentes.