19 febrero 2009

Mos : meten mano por fin al problema del puente de A Barxa

Hoxe iniciáronse as obras de mellora da ponte da Barxa. A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, supervisou esta mañá os primeiros traballos na zona. O orzamento que se investirá na acometida desta obra calificada de “urxente” pola Alcaldía, ascende a un total de 175.000 euros. Os traballos de mellora incluirán, ademais da citada ponte, outros tramos desta estrada que son perigosos e perxudiciais para a seguridade vial, sobre todo dos numerosos autobuses escolares que transitan por ela.

MOS (MORRAZO-tribuna) .- Hoxe iniciáronse as obras de mellora da ponte da Barxa. A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, supervisou esta mañá os primeiros traballos na zona. O orzamento que se investirá na acometida desta obra calificada de “urxente” pola Alcaldía, ascende a un total de 175.000 euros. Os traballos de mellora incluirán, ademais da citada ponte, outros tramos desta estrada que son perigosos e perxudiciais para a seguridade vial, sobre todo dos numerosos autobuses escolares que transitan por ela.

A rexedora municipal informou tamén, mediante un comunicado, de que a partires do vindeiro luns, día 23 de Febreiro, o tráfico rodado nesta zona permanecerá cortado ata próximo aviso.

Emerxencia

Ante a situación de urxencia de reforma que deriva do mal estado da ponte e de que por ela transitan diariamente autobuses escolares, o equipo de Goberno encabezado por Arévalo decidiu activar un procedemento de emerxencia polo cal se iniciaron as obras de inmediato. A alcaldesa insistiu esta mañá na importancia de que “tras dous meses de goberno, este novo equipo lograse por en marcha as obras de acondicionamento da Ponte da Barxa, que consistirán nunhas melloras de carácter extremadamente urxente debido á perigosidade actual da infraestructura, que corre risco de derrubamento, sendo unha vía cunha gran afluencia de tráfico diario, entre o que se atopan numerosos autocares que levan e recollen a nenos dos colexios”. Ademais, Nidia Arévalo explicou esta mañá que “o Concello ten o diñeiro para acometer esta obra dende o ano 2005, por iso debería ter sido empezada fai xa moito tempo”.