O PPdeG esixe ao presidente da Xunta que pida desculpas a tódolos galegos pola súa paixón polo luxo antes do vindeiro 1 de marzo
-"Touriño segue derrochando cartos de todos os galegos e gasta en mobles de luxo o equivalente a dous pisos de protección.
-Tan só a librería do despacho de Touriño custa tanto como un piso de protección que a Xunta nega aos mozos e ás familias necesitadas
-Touriño compórtase como o sultán de Brunei, esquecéndose de que Galicia atravesa a peor crise das últimas décadas
-Touriño ignora a crise do sector galego do moble e equipa o seu despacho con produtos de empresas catalanas"
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Mentres os datos oficiais certifican a existencia de 201.000 parados en Galicia e se acredita que a EPA oculta 90.214 desempregados na Comunidade, Touriño continúa sen inmutarse e segue derrochando os impostos de todos os galegos en caprichos luxosos, como queda en evidencia cos máis de 200.000 euros que gastou nos mobles de luxo que equipan o seu despacho oficial.
DELICTO MORAL
O feito de que o aínda presidente da Xunta teña dedicado aos mobles do seu despacho unha cifra equivalente ao custe de dos pisos de protección constitúe, en opinión de Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG, un delicto moral do que Touriño debe responder ate o conxunto dos galegos. Esa explicación tórnase especialmente necesaria tendo con conta que o presidente da Xunta derrocha no seu despacho e outras dependencias os recursos que nega ás familias a aos mozos para facilitar o acceso a unha vivenda digna ou para prestacións en materia de dependencia.
TOURIÑO ACTÚA COMO O SULTÁN DE BRUNEI
Tan só a librería do despacho de Touriño custa 119.559 euros, arredor de 20 millóns das antigas pesetas, un derroche máis propio do sultán de Brunei que do presidente dunha Comunidade Autónoma que atravesa a crise económica máis intensa das últimas décadas.
O prezo dos restantes elementos cos que Touriño equipou o seu despacho non só non pasa desaparecibido, senón que constitúe un insulto á dignidade de todos os galegos, e moi especiamente á das máis de 200.000 persoas que buscan un posto de traballo en Galicia neste momento.
Só a soberbia de Touriño pode explicar -nunca xustificar- que a Xunta destinase máis de 15.000 euros a unha mesa de despacho; máis de 17.000 euros a unha credecia; máis de 13.000 euros a unha mesa de xuntas, ou máis de 5.000 euros a unha mesa de centro.
Para o PPdeG sorprende tamén que nun momento de crise xeneralizada para as empresas galegas, incluído o sector do moble que está a rexistrar unha forte caída das vendas como consecuencia da regresión do consumo, Touriño elixise empresas catalanas para subministralle os exquisitos mobles de nogueira do seu despacho ou a alfombra de diseño que completa o conxunto.
TOURIÑO DEBE DISCULPARSE POLO DERROCHE DE 7M€
Neste contexto, Alfonso Rueda esixe a Touriño que pida desculpas ao conxunto dos galegos antes do vindeiro 1 de marzo polos excesos cometidos durante a lexislatura que remata en coches oficiais, despachos e mobles de luxo e outras obras e equipamentos innecesarios en salas de reunións ata derrochar arredor de 7 millóns de euros procedentes dos impostos de todos os contribuíntes.
Rueda Valenzuela contrasta o derroche de Touriño coa proposta de austeridade, reducción de impostos e rexeneración institucional proposta por Feijóo.