LOUZÁN VISITA EN FORCAREI A E.P SOUTELO-RATEL, O POLÍGONO DE VILAPOUCA E O OBSERVATORIO DE CASETAS
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou este serán, acompañado dos alcaldes de Forcarei e Cerdedo, David Raposeiras e José Balseiros, a estrada provincial que une Soutelo con Ratel, o polígono industrial de Vilapouca e o observatorio astronómico de As Casetas.
Na EP 7204, onde a Deputación ten investidos 559.911 euros nos últimos tres anos, Louzán supervisou o estado das obras de ensanche e mellora do vial, aínda en execución, das que comentou que “queda pouco para que rematen, só falta a capa de rodadura, a sinalización e o pintado, que se realizarán de forma inmediata”.
Nesta actuación, que inclúe 180 metros lineais de ensanche, 8600 m2 de afirmado, 1900 metros lineais de limpeza de marxes, regularización de 30.800 m2 e sinalización horizontal, aclarou que a Deputación “investirá 150.000 euros máis para conseguir que rematen estas obras” que “a partir de agora permitirán que un vial que tiña 4 metros de sección pase a ter 7”.
Louzán visitou tamén as obras de ensanche e afirmado do camino de acceso á aldea en Ratel desde a enstrada de Soutelo, onde se aplicaron 300 metros lineais cuneta de formigón, 26 metros lineais de tubo salvacunetas e 2.100 m2 de base e tratamento superficial para firmes.
A continuación, supervisou os accesos a Cernadelo, Fontegrande e Mogarde, na parroquia de Presqueiras, onde operarios da Deputación aplicaron 2.925 m2 de base e tratamento superficial para firmes. Por último, o presidente revisou tamén o estado do acceso a Ratel.
Polígono de Vilapouca
Louzán acudiu ó polígono industrial de Vilapouca para comprobar o estado das obras que o Parque de Maquinaria da Deputación está a acometer no acceso principal o recinto, nunha primeira fase para a que a institución provincial destinou unha achega de 56.000 euros.
As obras, que tiveron lugar entre xaneiro e abril, comprenderon movementos de 20.000 m3 de terraplén, procedentes de excavación, quedando aínda 15.000 m3 pendentes de mover.
Para elo, empregáronse unha pala cargadora de cadeas, unha escavadora, camións articulados, camións ríxidos de dobre tracción, un rodillo compactador e unha motoniveladora.
Louzán, quen recordou que “hai unha empresa moi interesada en asentarse no polígono”, aclarou que unha segunda brigada do Parque de Maquinaria non tardará en desenvolver as obras que faltan para rematar “este acceso tan importante para Vilapouca”.
Observatorio
Louzán concluiu a súa estadía en Forcarei visitando o Observatorio Astronómico de Forcarei, asentado nas Casetas polas súas inmellorables condicións lumínicas de As Casetas, para o que a Deputación colaborou activamente con Caixanova, o concello local, e a Universidade de Vigo, “responsables, ademáis dos veciños que cederon desinteresadamente os seus terreos, de que Forcarei dispoña, a partir de agora, do primeiro centro de divulgación científica destas características en Galicia”.
O presidente provincial lembrou que para a creación deste observatorio, que estará á disposición do público en xeral, do ámbito educativo e de calquera colectivo interesado na Astronomía e a Astrofísica, foi necesario un investimento global de preto de 300.000 euros.