A CORUÑA (MORRAZO-tribuna).- O portavoz nacional do BNG demandou de Zapatero un “golpe na mesa” e expresou a súa preocupación pola entrada de Lukoil en Repsol. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, interveu na Coruña esta noite nun acto con militantes e simpatizantes, incluído na campaña “Con máis autogoberno. Unha economía ao servizo da xente”. O seu discurso tivo por eixe fundamental a crise económica, entendida como crise do modelo neoliberal, e a alternativa dos nacionalistas galegos ante esta situación.
“No cumio do G-20 en Washington houbo pouca valentía para recoñecer o fracaso do modelo e demasiados intereses espurios para aferrarse a un sistema fracasado e propor medidas autenticamente alternativas”, sinalou o portavoz nacional do BNG, para quen é preciso un cambio de rumbo baseado nunha política económica “con raíces na terra, definida desde a atención ás demandas e ás necesidades da nosa xente e pensando nas maiorías sociais do país”.
“Os nacionalistas podemos empregar sen medo esa expresión tan galega de eu xa o dixera, porque cando ninguén cuestionaba un modelo baseado no dogma de que o público é malo e o privado é bo por definición, nós si o facíamos, a pesar de estar en minoría”, asegurou.
A alternativa do BNG no goberno galego
“Temos en Galiza un goberno de limitadas competencias e peor financiamento. Temos unha autonomía que non colma as nosas aspiracións nacionalistas, pero a pesar desa situación e de compartirmos un goberno en minoría fomos quen de pór o goberno ao servizo do pobo e de construír país”, asegurou. “E fixémolo porque nós si cremos no papel do goberno e do sector público como reitores dunha estratexia económica ao servizo da nación”, enfatizou
Así, Quintana defendeu as políticas tomadas polo BNG desde a Xunta en materia de Benestar e servizos sociais; de política enerxética; da reactivación económica do Medio Rural; da defensa da identidade cultural e da posta en marcha dunha nova política de vivenda.
“Precisamos tamén tomar novas medidas, como a creación dun Instituto Galego de Crédito Oficial, que unifique os distintos organismos do goberno galego que conceden financiamento ás empresas e dea participación ás entidades de capital risco das caixas de aforro galegas”, asegurou.
Repsol
O vicepresidente do goberno galego expresou a súa preocupación pola posíbel entrada da empresa rusa Lukoil no accionariado de Repsol. “É hora de que Zapatero dea un puñetazo na mesa”, asegurou. “O que me preocupa neste momento non son os accionistas de Repsol ou o capital ruso, senón sobre todo os postos de traballo, que en Galiza son moitos; preocúpame o subministro enerxético á poboación e como vai quedar despois disto, e os proxectos enerxéticos estratéxicos que hai en Galiza ao servizo da economía produtiva e que non sabemos que futuro van ter despois desta operación bursátil”.