28 noviembre 2008

Tribuna de Opinión : ¿por qué se llegó en Mos a este estado de caos en la vida municipal?



DECLARACIÓN DE NIDIA ARÉVALO CON MOTIVO DA PRESENTACIÓN DA MOCIÓN DE CENSURA DE MOS
Mos, 28 de Novembro de 2008
O Grupo Municipal do PP presentou esta mañá una moción de censura no Concello de Mos, conscentes de que é preciso tomar a iniciativa e iniciar un novo camiño no noso municipio.
Con esta moción vimos de reclamar o que nos pertence por dereito, somos a lista máis votada, representada polo 49% dos sufraxios dos electores, e fumos apartados do Goberno por un pacto artificial entre dous grupos con cifras dun 22% de sufraxios o PSOE e un 12% o BNG, que a pesares das diferencias só se entenden no seu propio beneficio e no interese de apartar ó PP.
Este paso que vimos de dar é moi meditado e exclusivamente executado porque é preciso virar o rumbo do Concello de Mos.
A nos móvenos exclusivamente o compromiso coa gran maioría dos votantes de Mos que nos entregaron nas urnas a grande responsabilidade que outros nos quitaron, o compromiso para facer un mellor Mos para as mulleres e homes que vivimos nesta terra.
Dende o principio do actual mandato, o PP de Mos plantexou a necesidade de virar o ritmo das cousas. Por citar exemplos, nunca entendemos por qué despois de ser elexida a alcaldesa non foi posible que os dous partidos que chegaron a esa decisión non lograron acordar cousas favorables para os veciños e o Goberno foi provisional, igual que en anos anteriores, dende Xuño de 2007 ata Agosto de 2008 (máis dun ano), data en que chegou un acordo.
O PP de Mos non aproba que o noso Concello, dende que María Jesús Escudero é alcaldesa, ou non tivera orzamentos durante determinados anos porque foron prorrogados, ou os anos que sí houbo orzamento se aprobou a finais do propio ano; tales son os casos do 2007, no que Mos estivo sen orzamentos e do 2008, ano no que se aprobaron en Agosto. Non estamos dacordo con que a elaboración do Plan Xeral de Ordeación Municipal se intentase facer ó longo de catro anos en catro ocasións diferentes e que a alcaldesa non fose capaz de poñelo en marcha ata fai poucos meses. Tampouco aprobamos que o Pleno tomase o acordo de paralizar o Polígono de A Veigadaña hasta que se resolvesen as deficiencias plantexadas polos veciños e que a data de hoxe non se fixera nada, e moitas outras cousas, entre elas o plegamento descarado ós intereses do seu partido a favor de Vigo e Santiago e en contra dos intereses dos veciños de Mos, que ven como o noso territorio é aproveitado para as grandes infraestructuras sen darnos nada a cambio. E preocúpanos seriamente a situación económica á que a actual alcaldesa levou ó Concello, Concello que cando ela chegou á alcaldía gozaba dunha boiante saúde financieira, incluso con superhábit. Dende que Escudero é alcaldesa a economía de Mos foi a peor progresivamente, ata chegar a actual situación de total perda de estabilidade orzamentaria. Pediu préstamos ós bancos que finalmente non se gastaron e que se traduciron nun incremento dos pagos de intereses a ditas entidades bancarias, pero non nun Mos mellor. Pechamos o 2007 con -3 millóns de euros e imos ver como remata o 2008, o que conleva a necesidade de elaborar un plan económico financieiro. En definitiva, Escudero gastou moito diñeiro pero iso non se transmitiu en beneficios para o municipio; trátase polo tanto dun claro caso de mala xestión.
Dito isto quero recalcar, sen embargo, que o máis importante para nós é o futuro.
O PP de Mos non tiña garantías de que as cousas foran a cambiar, non tiñamos nin temos confianza na alcaldesa e no Goberno e queremos que as cousas cambien axiña. Mos non pode perder máis tempo en liortas porque está a pasar o tren do futuro e corremos o perigo de converternos nun municipio deslavazado.
O certo é que para o PP era máis cómodo seguir facendo oposición e desgastando a este pobre e lamentable Goberno local. Tiñamos a opción de debilitar máis políticamente ó noso adversario, pero ó final a frustración sería dos veciños de Mos.
Estamos convencidos de que somos mellores, de que o imos a facer mellor en cada un dos asuntos... E ¿por que os veciños de Mos van soportar un Goberno que non solucione, se poden ter outro que faga un mellor Mos para todos?
Cremos que outro Mos é posible. Un Mos onde as cousas que preocupan ós veciños se resolvan con seriedade e eficacia, para que os servicios dos veciños melloren, para que Mos teña nome propio e deixemos de ser un lugar sen existencia entre Porriño e Vigo.
Queremos pasar páxina, non queremos que Mos saia nos periódicos só polas desgracias e polo mal que o fai o seu Goberno.
Temos a posibilidade legal para facer que iso non sexa así e por esa razón utilizamos a lei para facelo. Cada día que o actual Goberno pasa no Concello e un día perdido para Mos. E esa responsabilidade tamén sería nosa se non utilizasemos a ferramenta que a Lei nos dá coa posibilidade de presentar unha moción de censura e cambiar o Goberno.
Dende o PP de Mos presentamos o mellor equipo e facémolo para traballar. Temos experiencia na administración e na xestión. Sabemos que é o que queren os veciños e temos un proxecto para o noso pobo. Estamos ilusionados e ademais imos a traballar tódolos días polo futuro porque, por exemplo, é posible aprobar un novo orzamento antes de fin de ano para que Mos comence a cambiar en Xaneiro, porque podemos facer realidade un plan de inversións ambicioso, podemos mellorar a situación económica do Concello e, á vez, facer que a vila evolucione.
Pensamos ademais que nestes dous anos e medio que quedan de lexislatura é tempo suficiente para que as veciñas e veciños vexan como é este equipo novo, dun PP local totalmente renovado, que pode facer as cousas mellor do que se fixeron nunca aquí e decidir despois o que queren no futuro.
Queremos asinar un contrato cos veciños e veciñas de Mos. Un contrato sólido mediante o que os préstamos solicitados ó longo destes anos por María Jesús Escudero, e que están aínda sen gastar, revirtan nas melloras que os mosenses queren e que pediron ata a saciedade, tales coma auga, saneamento e a consolidación dun Plan Xeral.
E antes de rematar quero enviar unha mensaxe ó actual Goberno, á súa alcaldesa e ós seus seguidores. Esta moción non é nada persoal, nós sabemos que posiblemente cada un dos que forman ese goberno poden facer máis a título persoal, que nos seus traballos e nas súas empresas poden ser bos profesionais pero que non souberon encauzar axeitadamente o cometido de dirixir un Concello. Nós estamos dispostos a ter en conta tamén as súas aportacións porque imos contar con todos, esta vez sí. Durante a campaña electoral previa ás últimas eleccións municipais, dende o PP de Mos previamos que se non obtiñamos maioría absoluta, ocorrería o mesmo que catro años atrás: un Goberno municipal totalmente inestable, un verdadeiro desgoberno. E non foi iso o que ocorreu, senón peor, por iso decidimos neste momento por fin o caos que o bipartito PSOE-BNG leva sembrado no Concello. .-
NIDIA AREVALO, Líder del PP de MOS