Queremos este Día Internacional contra a violencia de xénero, manifestar a contundente repulsa da institución que represento e a miña propia a esta práctica criminal, unha auténtica lacra da nosa sociedade.
O número de mulleres falecidas este ano a mans das súas parellas elévase a 58 (segundo o Ministerio de Igualdade). Un dato terrible detrás do que existen pais, nais, fillos, amigos, persoas que sofren unha realidade moi cruel. Unha situación na que nos podemos ver implicados calquera de nós en calquera momento da vida.
A violencia de xénero, constitúe un feito alarmante que, ademais, non entende de nivel económico, do desenvolvemento dun país ou dos estudos dunha persoa. Aféctanos a todos. Por tal motivo, os poderes públicos non podemos ser alleos ó que constitúe un dos ataques máis flagrantes a dereitos fundamentais como son a liberdade, a igualdade, a vida, a seguridade, á non discriminación, proclamados na nosa Constitución.
Non podemos consentir que, a día de hoxe, sigan multiplicándose os casos de maltrato e que en pleno século XXI a violencia de xénero continúe representando un problema de primeira magnitude.
Quero, sen embargo, apelar á esperanza de que un futuro mellor é posible. A unión de todos nós, homes e mulleres, é imprescindible para acadalo. Debemos respaldar ás mulleres maltratadas para que rompan o seu silencio e denuncien; e o noso sistema “xudicial” debe protexelas para que despois de dar este paso tan valente e difícil, non teñan que voltar a convivir co seu verdugo, como ten acontecido tantas e tantas veces.
Por todo isto reunímonos hoxe aquí neste Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Para proclamar a tolerancia cero, para reclamar unha sociedade na que a igualdade de oportunidades sexa unha realidade e non unha promesa; para seguir reclamando como mulleres o noso lugar na sociedade no mesmo plano que os homes; pero sobre todo, para recordar e homenaxear a todas esas mulleres, a maioría delas anónimas, que perderon a vida inxustamente a mans dos seus homes.
Dende a Deputación de Pontevedra non podíamos deixar pasar este día coma un máis, senón que debíamos poñernos ó carón de todas aquelas mulleres que sofren malos tratos tanto físicos coma psicolóxicos e colaborar, como é a obriga de todas as administracións públicas, na educación –dende a escola- dunha sociedade que condene con firmeza e que non tolere a discriminación das mulleres polo feito de seren mulleres.
A prevención é o primeiro paso e esta debe comezar dende a infancia a través da educación na igualdade. Debemos interiorizar tamén que acabar co machismo é unha labor de todos e todas nos, un reto compartido, un desafío para o conxunto da nosa sociedade. Debemos involucrarnos todos nesta tarefa sen regatear esforzos, sen pestañear, estou segura de que merece a pena loitar e enfrontarse contra quenes so entenden a razón do puño.
Para rematar, só quero expresar un desexo, o desexo de que dentro de pouco tempo a nosa sociedade poida prescindir da conmemoración desta data do 25 de novembro, que aínda é tristemente necesaria e que nos recorda que aínda queda moito camiño para acadar unha sociedade máis libre, máis xusta e máis próspera, na que todas as persoas poidan vivir sen medo e sen temores.

RAFAEL LOUZAN, presidente da Deputación de Pontevedra