VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A Federación Veciñal urxiu que canto antes se repoña a calidade asistencial nos servizos de urxencias da cidade. Ante a gravidade da situación destes días é mester que se tomen todas as medidas necesarias para solventar os colapsos estructurais recurrentes que sufre o noso sistema de urxencias.
Para axilizar e mellorar dunha vez a calidade pública asistencial, deben poñerse en marcha medidas que contribúan a optimizar a xestión dos centros sanitarios, aplicar medidas disciplinarias e que os xestores asuman a súa responsabilidade, así como sancionar todas aquelas conductas que contribúen a diminuír a calidade asistencial, sinalaron desde a FAVEC.
Listas de espera
A folga dos médicos que traballan na sanidade pública e privada incumprindo flagrantemente a lei de incompatibilidades e que por engadido están en folga para reclamar un plus de exclusividade que non lles corresponde por non ser a súa adicación exclusiva, sen dúbida está a prexudicar profundamente o sistema público de saúde e a engordar as listas de espera con total impunidade.
A FAVEC pide, unha vez máis, que cese este chantaxe á cidadanía e que o goberno aplique a lei de incompatibilidades con este pequeño colectivo, tal e como se fai no resto de ámbitos públicos.