COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, remarcou hoxe que o líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, aínda non foi quen de presentar “ningunha proposta, ningunha alternativa” contra a crise económica. “Vostede non ten axenda, non ten resposta, e non a ten porque vostede non está en Galicia. Vostede está en Covadonga como escudeiro de Don Pelayo Mariano Rajoy no seu obxectivo de reconquistar España”, afirmou.
No transcurso da súa segunda intervención, na comparecencia a petición propia no Parlamento, Pérez Touriño asegurou que as únicas medidas citadas ata o momento por Núñez Feijóo para facer fronte ás dificultades económicas son de competencia estatal –como a actuación sobre o IRPF ou o IVA- e conminouno a explicar en qué consiste o seu plan de austeridade. “Para saber se consiste, como me temo, en reducir o gasto en educación, ou en sanidade”, afirmou.
Cronista da catástrofe
O presidente da Xunta asegurou que o dirixente do PP se ten situado, xa desde o ano 2005, como permanente “cronista da catástrofe”. “O que di agora non é novo. Xa no ano 2005 afirmou que a previsión de crecemento para Galicia que incluíamos nos Orzamentos, do 3,4%, era un engano. Pois ben, finalmente foi do 4,1%. Así foi todos os anos. A única diferenza con agora e que agora toca elevar o ton porque acaba de ser nomeado candidato á presidencia da Xunta”, afirmou.
“Vostede non cre no país, non confía nas súas posibilidades”, asegurou Touriño, quen acusou ao líder PP de non ter credibilidade. “Se vostede non é capaz de actuar en beneficio de Galicia, se non é capaz de ofrecer ningunha medida contra a crise, o que debería de facer é calar e deixar traballar”, asegurou Pérez Touriño, quen lamentou a actitude de Núñez Feijóo de “intentar minar a confianza do país” na súa posibilidade de recuperación da crise. “Sen embargo, a confianza deste Goberno no seu país é ilimitada e nós apostamos por que Galicia saia reforzada desta crise, por que saia aínda máis forte”, afirmou.
“Os galegos e as galegas saben quen está dando a cara e está a poñer medidas enriba da mesa e quen está creando división e se atopa nunha posición non compatible coa recuperación da crise económica e coa necesidade de remar todos na mesma dirección”, afirmou.
Desde o diálogo social e nos sectores estratéxicos
O presidente da Xunta explicou que todas as medidas postas en marcha polo seu Goberno para facer fronte á crise foron concertadas cos axentes sociais e económicos e destacou a aposta polos sectores estratéxicos para Galicia como a automoción, a construción, o da lousa, o do granito ou o téxtil.
“Ao mellor a vostede non lle vale, pero pregunte aos empresarios, aos directores dos bancos, aos sindicatos, a eles si lles vale a nosa posición”, asegurou Pérez Touriño, quen destacou que el ten comparecido dúas veces no Parlamento para tratar a situación económica e as medidas postas en marcha polo seu Goberno en contraposición con outros presidentes do Partido Popular como Esperanza Aguirre, de Madrid, e Francisco Camps, da Comunidade Valenciana, que non acudiron aos seus parlamentos.