26 noviembre 2008

DURÁN DESTACA O PAPEL DA DEPUTACIÓN NO COÑECEMENTO DA HISTORIA DE GALICIA NA INAUGURACIÓN DAS XORNADAS DE XENEALOXÍA E HERÁLDICA

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- José Juan Duran, deputado provincial de Cultura, inaugurou hoxe as “IX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria”, na Escola de Canteiros, destacando a alta implicación da institución en profundizar na investigación da historia familiar galega, dos linaxes, apelidos e parroquias, en definitiva “o compromiso de todo canto ten que ver coa nosa historia, coa nosa riqueza arquitectónica e patrimonial”. Así mesmo tamén resaltou o alto nivel científico dos relatorios que nas Xornadas se presentan. Durán estableceu unha relación entre a Asociaciación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria e a Escola de Canteiros, asegurando que “a historia de Galicia é a pedra e a nosa Escola ven desenvolviendo unha laboura fundamental e única na Comunidade para velar polo noso Patrimonio e formar canteiros que traballen a pedra, un dos maís nosos preclaros siños de identidade”.
Tras la inauguración, José García Oro, vogal da comisión de Heráldica de Galicia e académico correspondente da Real Academia de Historia, foi o encargado de abrir as ponencias co nunha aproximación á figura de Vasco de Aponte:cronista da nobleza galega do renacimento.
Trala lectura de comunicacións, Carlos Acuña Rubio, presidente da Asociación de Xenealixía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, ofreceu unha conferencia sobre Heráldica municipal en Galicia.
As xornadas vanse a prolongar durante os días 27 y 28 de novembro nas propias instalacións da Escola de Canteiros e inclúen tamén a presentación do boletín número 7 de Estudos de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Este é o programa das xornadas dos días 27 e 28:
XOVES 27
17:00 h - Lectura de comunicacións
17:30 h - Conferencia de Luís Valero de Bernabé y Martín de Eugenio (director do Colexio Heráldico de España e das Indias, Premio Nacional de Estudos Heráldicos 2004) co título: “La Heráldica de los autóctonos de la fauna de Galicia”
18:30 h- Lectura de comunicacións
19:00 h- Conferencia de Cristina Montojo Santos (profesora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia) co título: “Tratamientos del biodeterioro en las labras heráldicas de granito”
VENRES 28
17:00 h - Lectura de comunicacións
17:30 h - Conferencia de José Fernando Navas Ramírez-Cruzado (coronel-director do Museo Militar da Coruña) co tïtulo: “Heráldica militar en Galicia”
18:30 h – Lectura de comunicacións
19:00 h – Conferencia de José Florencio Rodríguez Montero Valladares (licenciado en Filosofía e Letras e experto en Heráldica) co tïtulo: “La Heráldica en las iglesias de Ourense”
20:00 – Presentación do Boletín nº 7 de Estudos de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia