MADRID (MORRAZO-tribuna).- A Comisión de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, aprobou esta tarde, e grazas a iniciativa do BNG, instar ao Goberno a arbitrar mecanismos tendentes a asegurar a estabilidade dos prezos do leite pagados en orixe aos gandeiros.
A Comisión mencionada debatía unha proposición non de lei da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, para evitar a baixada dos prezos do leite en orixe e para extremar o control das importacións. A parlamentar nacionalista posibilitou o acordo unánime ao transaccionar un acordo co grupo socialista e co grupo popular porque, alegou, “pode ser satisfactorio para o sector lácteo”.
Os puntos do acordo aprobado:
O texto aprobado tamén empraza ao Goberno a “mellorar os mecanismos para controlar o destino e utilización dos produtos lácteos procedentes de intercambios comunitarios”. Ademáis, pede que se defenda a permanencia de mecanismos de intervención sobre os derivados lácteos para contribuir á estabilidade do sector.
Asemade, ínstase ao Goberno a “elaborar un paquete de medidas adicionais ás xa establecidas para o sector, de apoio específico a zonas singulares como zonas de clara vocación láctea e zonas de alta montaña”.
Outro dos puntos incluídos require unha maior transparencia do mercado do leite. Demanda que se defenda na UE, e no que atinxe á competencia do Estado, o estudo e a adopción de medidas que otorguen maior transparencia ao mercado do leite, eviten movementos especulativos e artellen mecanismos que poidan contribuir a conseguer rendas dignas para os produtores e ofrecerlles aos consumidores unha información mellor.
Por último, ínstase ao Executivo a impulsar na Comisión Europea “a realización dun seguimento da evolución do mercado do leite de cara ás revisións intermedias do 2010 e 2012, introducidas recientemente no marco do Chequeo Médico, para analizar o resultado das decisións adoptadas e, en todo caso, tomar medidas oportunas para colocar aos produtores nas mesmas condicións para competir en calquer cenario que se produza no 2015”.
Responsabilidades do Goberno e da UE
A deputada do BNG na súa intervención fixo especial alusión aos acordos acadados o pasado 19 de novembro na UE respeito á revisión da PAC, “decisións, recalcou, que van incidir na situación de crise pola que atravesa o sector lácteo”. Para Davila os acordos acadados sobre a PAC se “tomaron de costas ao sector” e considerou, que se desaproveitou a oportunidade “de adoptar políticas destinadas a correxir os desequilibrios existentes e potenciar un sector que na Galiza ten grande importanza”.
Olaia Fernández Davila subliñou aos membros da Comisión que “a situación dos prezos do leite está a provocar un grande descontento no sector, que teñen protagonizado movilizacións para lle reclamar responsabilidades á Xunta cando estamos a falar de cuestións que son da competencia do Goberno central e da UE”.
Inxusto sistema de cotas que prexudica a Galiza
Ademáis, a deputada nacionalista criticou duramente o sistema de cotas da UE porque “unha das causas que inciden no prezo do leite é o sistema de aumento lineal da cota para o 2008 a todos os Estados da UE por igual. O BNG sempre mantivo que iso non debería ser así porque se deberían atender as circunstancias específicas, sobre todo de territorios como o galego que pede máis cota para poder aumentar a producción, deberíanse atender as situacións deficitarias”.
Precisamente, recalcou, os acordos da PAC non van solucionar os problemas existentes, “non van solventar as diferenzas”.