COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- Ante as declaracións verquidas polo PP sobre o aumento do cadro da Xunta, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza subliña que unha das principais causas do crecemento estatístico do persoal ao servizo da Administración autonómica é que o Goberno do PP falseaba a realidade ocultando persoal laboral temporal. Isto débese a que este tipo de persoal non se contabilizaba nas estatísticas que en tempos de gobernos populares se enviaban ao Ministerio de Administracións Públicas (MAP) baixo o apartado de persoal administrativo de consellerías.
Deste xeito, nos datos remitidos en xaneiro 2005 computábanse 12.903 traballadores como persoal administrativo en consellerías dos cales aparecían cero correspondentes a persoal laboral temporal. En xaneiro de 2006 –co actual Goberno- contabilizáronse 15.844 traballadores deste eido, dos cales 1.457 eran persoal laboral temporal. Isto non significa que o PP non contratase a persoal laboral temporal, senón que nun afán de ocultar a realidade non os contabilizaba nas estatísticas enviadas ao MAP. Coa chegada do actual Goberno ao poder comezaron a computarse estes empregados públicos co fin de apostar pola transparencia da Administración. A maiores, cabe explicar que a maior parte destes traballadores laborais temporais son dos servizos de extinción de incendios, que poden ser entre uns 1.500 e 2.000 efectivos. Por iso, actualmente o persoal de consellerías se incrementou ata os 16.080.
Doutra banda, tamén se incrementou o persoal dos servizos públicos esenciais como a docencia ou a sanidade, abandonados polo Goberno anterior. Deste xeito, na docencia non universitaria pasouse de 33.930 en xaneiro de 2005 a 35.145 empregados en xullo de 2008, o que supón un aumento de 1.215 traballadores. Doutra banda, nas institucións sanitarias incrementáronse en 6.120 empregados neste mesmo período xa que en 2005 había 28.080 e no 2008, 34.200. Cabe subliñar aquí que o actual Goberno incluíu neste cómputo ao persoal das fundacións sanitarias, algo que non se sumaba. Así mesmo tamén aumentaron 403 empregados na Administración de Xustiza, sendo 2.209 en xaneiro de 2005 e 2.612 en xullo de 2008. Neste caso, reforzouse a Administración de Xustiza, conxelada co Goberno anterior.
De xaneiro de 2005 a xullo de 2008 houbo un aumento de 10.915 empregados contabilizados na Administración galega –pasando de 77.122 en 2005 a 88.037 en 2008-, dos cales 9.195 son o resultado das operacións explicadas e o resto por incrementos habituais no traballo da Administración.