24 noviembre 2008

TRIBUNA de OPINION : O fracaso
da política económica do bipartito

O fracaso da política económica do bipartito mídese no número de parados que se incorporan cada día ás listas do INEM. Os datos do paro e a destrucción de emprego que hai en Galicia son o certificado do fracaso das políticas do bipartito e remarcan a necesidade dun cambio de modelo que posibilite revertir esta tendencia.
Hoxe a situación en Galicia é peor que hai tres anos. Hai máis expedientes de regulamento de emprego, máis paro e máis preocupación.
É preciso lembrar que Touriño asegurou que Galicia chegaría ao pleno emprego ao final da lexislatura e fai seis meses que crearía 32.500 postos de traballo no 2008, se embargo a realidade é que, no pasado mes de outubro, unha media de 400 persoas inscribíronse cada día no paro.
Así, en outubro, o paro medrou máis en Galicia que en España, en lugar de crearse 32.500 empregos destruíronse 22.052 nos últimos doce meses.
Os datos son claros e a realidade é que temos unhas taxas de desemprego que crecen por riba da media nacional. Conclusión: a crise é peor en Galicia que no resto de España.
Contra isto, tendemos a man ao goberno para axudar a máis de 200.000 familias con hipoteca e a máis de 235.000 autónomos galegos, así como a 45.000 peme's galegas para relanzar a actividade.
A nosA proposta inclúe tamén un reaxuste dos Presupostos da Xunta para aforrar 120 millóns de euros en gastos supérfluos que poder destinarse, por exemplo, a gasto social.
Se o bipartito non acepta as propostas do PP de Galicia, terá que explicarlle aos Galegos por qué non quere aforrar 20.000 millóns de pesetas en gastos innecesarios que permitirán financiar novas políticas anticrise de creación de emprego.
ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO
Líder del Partido Popular de Galicia