24 noviembre 2008

O MUSEO PROVINCIAL RECORDARÁ O VENRES ÓS SEUS PATRONOS, BENEFACTORES, AMIGOS E TRABALLADORES FALECIDOS

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Museo de Pontevedra, organismo dependente da Deputación, recordará, como todos os anos por estas fechas, o vindeiro venres, día 28 de noviembre, ós seus patronos, benefactores, amigos e traballadores falecidos, que nesta ocasión serán personalizados na figura de Daniel de la Sota Valdecilla, que era o presidente da Deputación Provincial que aprobou a creación do Museo o 30 de decembro de 1927 e que sería presidente do primeiro Patronato, do que formaría logo parte dende 1936 ata o seu falecemento, o 11 de febreiro de 1958.
O acto académico, con entrada libre, comezará ás sete e media da tarde no salón de actos do edificio “Fernández Lopez”, e as intervencións estarán a cargo de Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega, José Carlos Valle Pérez, director do Museo, Juan de la Sota, neto do homenaxeado, e Rafael Louzán, presidente da Deputación, que glosarán diversos aspectos de Daniel de la Sota, figura destacada da política provincial dos anos vinte do pasado século, xa que baixo a súa presidencia foron emprendidas pola Deputación, ademais da creación do Museo, importantes empresas económicas e culturais, entre estas a reglamentación das becas e axudas ós artistas que comezaban a destacar.
Finalizado o acto, ás oito e media, na igrexa parroquial de San Bartolomé, oficiarase unha misa, que estará cantada pola Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra.