VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Sanidade pública galega vén de editar, por medio da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias do Servizo Galego de Saúde, unha Guía para o manexo ambulatorio dos problemas relacionados co consumo de alcohol, que vai ser distribuída entre as e os profesionais da rede de Saúde Mental e Drogodependencias.
O autor da publicación é o psiquiatra da Unidade de Condutas Aditivas de Ourense, Gerardo Flórez Menéndez, quen realizou a Guía baixo a dirección e coordinación do responsable do Programa de Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde, Fernando Márquez Gallego.
A nova publicación conta cunha presentación da conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, que salienta que o alcoholismo é un problema de saúde relevante, e ten unha importante repercusión social. Así, un de cada catro galegos e galegas coñece persoas no seu contorno familiar e social que tiveron problemas co consumo de alcohol.
A incidencia na morbi-mortalidade directa en adultos é indirecta en mozos (accidentes de tráfico), presenta novos comportamentos grupais de risco en menores e na mocidade, como é o caso do botellón e o uso combinado con outras substancias aditivas.
Esta guía ten como obxectivo, segundo sinala Rubio Vidal, describir os métodos de diagnóstico e tratamento, xunto coa súa evidencia clínica actual, de persoas que presentan problemas relacionados co alcohol, tanto en Atención Primaria como en consultas de Especialidades.
Na publicación, faise un detallado percorrido polas técnicas de detección do trastorno en Atención Primaria e os tratamentos especializados de desintoxicación e deshabituación. Ademais, ofrécese información útil aos enfermos e familiares para un correcto tratamento e información sobre actitudes axeitadas en situacións de risco concretas. (actividades perigosas, embarazo, coñecidos con sospeita de abuso, persoas con medicacións, con enfermidades mentais, terceira idade ou adolescentes).
Esforzo e acerto
No prólogo da publicación, escrito por Julio Bobes García, catedrático e xefe de servizo de Psiquiatría da Universidade de Oviedo, e presidente de Socidrogalcol, organismo científico de estudos sobre o alcohol, o alcoholismo e outras toxicomanías, resáltase o esforzo e acerto da guía, posto que facilitará ao clínico, tanto en Atención Primaria como en Especializada, as pautas de avaliación diagnóstica como do tratamento nos diferentes estadíos polos que pasan as e os pacientes alcohólicos.
A Guía, promovida polo Programa de Saúde Mental da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias do Servizo Galego de Saúde, achega non só o estado das probas de efectividade das estratexias farmacolóxicas, senón, tamén, das intervencións psicoterapéuticas e psicosociais, tanto as dirixidas a producir cambio de actitude cara ao tratamento, como as dirixidas a manter abstinencia, refire Julio Bobes.
O presidente de Socidrogalcol subliña, tamén, o seu convencemento de que esta publicación contribuirá ao ordenamento e xerarquización das pautas de avaliación e tratamento dos consumos prexudiciais e adiccións ao alcohol, sendo de utilidade tanto para os pacientes como para as e os profesionais que os atenden.
Sinalar, por último, que esta nova publicación da sanidade pública galega estará a disposición de quen a desexe consultar na páxina web do departamento que dirixe María José Rubio Vidal (www.sergas.es ou www.galiciasaude.es).