VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A partires deste luns, día 24, entrarán en funcionamento en toda Galicia 73 novas rutas de transporte escolar compartido TES+BUS, que se distribúen entre un total de 21 concellos dos cales 18 se incorporan a esta iniciativa por primeira vez mentres que nos outros tres trátase dunha ampliación das rutas que xa operaban na actualidade. Estas novas liñas súmanse ás que xa viñan funcionando dende o comezo do curso escolar, polo que a partires de agora estarán operativas un total de 276 rutas de bus escolar para o uso por parte de adultos en 71 concellos de toda Galicia.
Do total de concellos que agora se incorporan, seis pertencen á provincia da Coruña (A Baña, Cesuras, Frades, A Laracha, Tordoia e Zas), oito á provincia de Ourense (A Peroxa, Avión, Carballeda de Avia, Laza, Melón, Oímbra, Pobra de Trives, Sandiás) e catro á provincia de Pontevedra (Cotobade, Gondomar, O Covelo e Salceda de Caselas). Ademais, no caso dos concellos de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), Xinzo de Limia (Ourense) e A Estrada (Pontevedra) amplíanse as rutas que xa existentes.
O programa de transporte escolar compartido permite que os cidadáns dos concellos onde se implanta poderán utilizar as liñas de transporte escolar para os seus desprazamentos por un importe de 1 € cada viaxe. Non obstante, ao igual que nas anteriores campañas, a súa utilización por parte dos adultos estará supeditada a que existan prazas libres xa que sempre prevalecerán as necesidades da comunidade escolar sobre as do resto de usuarios. O seu funcionamento coincidirá cos días e co horario do servizo de transporte escolar, viaxando unha persoa adulta que será a que regule a orde no autobús. Nas distintas rutas, os usuarios poderán subir e baixar en calquera das paradas da ruta escolar, sen que, en ningún caso, se poidan realizar paradas distintas.
O obxectivo do TES+BUS enmárcase na promoción do transporte público colectivo nas zonas de baixa oferta de servizos para facilitar os desprazamentos da poboación. Deste xeito, aproveitando o percorrido dos autobuses escolares, os habitantes destes municipios poderán empregar o bus escolar para acceder ás cabeceiras dos concellos onde normalmente se atopan, ademais dos centros escolares, outros servizos administrativos, sanitarios, bancarios, comerciais, etc.