28 noviembre 2008

Graves acusaciones del Partido Popular a los integrantes del Gobierno de la Xunta : despilfarros, amiguismo...

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- Os populares arrecian nos seus ataques. As elecciónes están próximas. Hoxe venres, aseguran que "non satisfeito con incrementar en 10.000 persoas o número de traballadores da Xunta de Galicia desde 2005 (un 13% máis, equivalente ao 21% dos novos empregos creados en Galicia no que vai de lexislatura) o Bipartito disparou tamén o volume de recursos públicos destinados á contratación de asistencias técnicas e consultorías, ata o punto de ter licitado, no que vai de ano, traballos deste tipo valorados en 70.889.250,61 euros".
O voceiro de Administración Pública do Grupo Popular, Antonio Rodríguez Miranda, fixo público hoxe o contido dun informe que rastrexa as diferentes resolucións publicadas no Diario Oficial de Galicia desde o pasado 1 de xaneiro ata a actualidade para publicitar as 152 consultorías e asistencias técnicas feitas públicas polo Bipartito nos 11 primeiros meses deste ano.
INCREMENTO DO 62,5%
Deste informe dedúcese que nos 11 primeiros meses deste anos (faltan por coñecerse as que se podan publicar de aquí a finais de ano) o Bipartito incrementou os gastos destinados a consultorías e asistencias técnicas nun 62,52%, ao pasar dos 43,6 millóns de euros destinados a esta finalidade polo anterior Executivo do PPdeG no ano 2004, aos 70,8 millóns de euros dos 11 primeiros meses de 2008. Incrementouse tamén o número de adxudicacións que pasou das 85 de hai catro anos ás 152 contabilizadas no período xaneiro-novembro deste ano.
Convén recordar, ao mesmo tempo que a relación de 152 consultorías e asistencias técnicas pode verse amplamente superada e rebasar os 100 millóns de euros ao remate de 2008 por dúas razóns: restan por contabilizarse as licitacións que podan efectuarse ata o vindeiro 31 de decembro; e, a maiores, a reforma da lei de contratos que entrou en vigor en abril de 2008, permite utilizar o procedemento negociado sen publicidade para os contratos de servizo de contía inferior a 100.000 euros (antes o límite estaba fixado en 30.000€). No ano 2004, o 45% deste tipo de contratos tiñan unha contía que oscilaba entre os 30.000 e os 100.000 euros.
EMPRESAS COÑECIDAS DO PSOE E DO BNG
Na análise dos contratos formalizados polo Bipartito no que vai de ano aparecen empresas coñecidas por manter vínculos extra-administrativos cos socios da coalición. É o caso dunha sociedade vinculada ao BNG e que xa no pasado recibira o encargo de coordinar o proceso de redefinición de usos da Cidade da Cultura e tamén resultada adxudicataria dunha macroauditoría encargada por Medio Rural para coñecer o funcionamento dos diferentes programas europeos de desenvolvemento e das propias fundacións de desenvolvemento comarcal.
E figuran tamén empresas como TT&U e a súa filial Pettra, vinculadas a “coñecidos, amigos ou ex-xefes” da conselleira de Política Territorial, María José Caride. O PPdeG recorda que TT&U xa fora contratada a dedo por Política Territorial para elaborar o informe no que o Bipartito baseou a súa decisión de adxudicar o contrato da autovía da Barbanza cun sobreprezo de 30 millóns de euros. Ante esta evidencia, Rodríguez Miranda preguntou se detrás das últimas adxudicacións, o Bipartito non estará a efectuar contraprestacións pola “papeleta” xogada por TT&U co gallo da adxudicación dun contrato polo que acabaron sendo imputados catro altos cargos propio Bipartito.
Para o deputado popular, o crecemento desmesurado do número de consultorías e asistencias técnicas, así como o elevado volume de recursos económicos destinados a esta finalidade revela a vagancia dos actuais conselleiros e demais altos cargos do Executivo bipartito, que prefiren encargar o seu traballos a terceiros en lugar de realizalo directamente a pesar de dispoñer para elo de 10.000 traballadores máis ca hai catro anos.
Desperdiciar a elevada cualificación profesional do persoal funcionario que a Xunta de Galicia ten en nómina constitúe, a xuízo do PPdeG, un despilfarro inxustificado que tamén deberá ser explicado convenientemente.
¿TRABALLOS ELECTORAIS?
Sen embargo, a situación desvelada polo PPdeG podería encubrir tamén, e iso sería aínda moito máis grave -segundo os populares-, a realización de traballos enmarcados na campaña electoral do PSOE e do BNG, dada a experiencia do Bipartito na utilización de fondos públicos para fins políticos, como quedou acreditado co caso da axente electoral que fixo campaña a prol do actual alcalde socialista de Muxía pagada con cartos da Consellería de Traballo.