27 noviembre 2008

Touriño y Feijoo protagonizan casi todos los días serios enfrentamientos dialécticos que dejan estupefactos a muchos ciudadanos. Veamos un ejemplo...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, propuso ao Presidente da Xunta, gastar os 20 millóns de euros da limpeza electoral de cunetas nun sector primario que está en crise desde a chegada do bipartito.
Mentres o bipartito dedica 20 millóns a poñer parados nas cunetas, a automoción –que supón o 17% do PIB e 40.000 empregos- recibe a metade e o sector primario cero euros, dixo.
“Por hixiene democrática e por ética política, retire a contratación dixital de 2.000 persoas en época electoral co pretexto de limpar cunetas”, insta Feijóo a Touriño
Feijóo propuxo unha reunión das tres forzas políticas con sindicatos agrarios e confrarías, para buscar solucións a un sector primario que está contra as cordas.
LACTEO. PECHE DE 3.000 EXPLOTACIÓNS NA LEXISLATURA
Os populares galegos recordaron que máis de 100.000 galegos viven do agro e da pesca, un dos sectores estratéxicos para Galicia e o bipartito non se preocupa da situación.
O PPdeG considera que a grave crise do sector leiteiro galego débense ás pésimas negocacións socialistas na Unión Europea e pola postura antigalega dunha ministra aprobando un plan lácteo pésimo para os intereses do noso país, que supón un incremento liñal do 1% anual nos vindeiros 5 anos, e que supón a seguinte asignación de cota adicional:
Alemaña
+ 1.500.000 toneladas de leite
Francia
+ 1.300.000 toneladas de leite
España
+ 300.000 toneladas de leite
Feijóo puntualizou que mentres suben sen control os custes de producción, baixan en picado os ingresos, porque os custes reproducción aumentaron 6.500 euros máis por explotación neste ano e sen embargo, o prezo da leite segue á baixa.
Segundo os datos dos que dispón o PPdeG, o número de explotacións pechadas nesta lexislatura suman 3.000 e, desta crise supoñemos que non lle votará a culpa aos Estados Unidos.
A MINISTRA “GALEGA” NEGOCIA CONTRA GALICIA NA UE E TOURIÑO CALA
Feijóo afirmou que segundo os expertos, os sindicatos e os diversos colectivos do sector primario, a negociación da reforma da PAC na UE por parte da ministra “galega” de agricultura foi pésima para Galicia. Concretamente, o resultado foi claro: menos axudas aos gandeiros –ata o 33% pode quedar fora das axudas europeas- e ainda máis desequilibrio na cota láctea con Francia e Alemaña.
O acordo asinado pola ministra “galega” en Bruxelas supón máis desequilibrio, maior entrada de leite foránea e ainda maior baixada do prezo do leite en orixe, o que supón que os países con maior excedente –Francia e Alemaña- medran 4 o 5 veces máis que España, e iso é malo para Galicia, porque e darlle máis aos que máis teñen.
O CONTRATAQUE DE TOURIÑO
“Estamos en guerra contra a crise económica, algúns. Outros están na demagoxia permanente e no oportunismo”. Así lle contestou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ao responsable do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a quen acusou de non presentar ningunha proposta alternativa ás do Executivo autonómico fronte a crise.
Emilio Pérez Touriño reiterou que o Goberno que preside está a tomar, “non un conxunto inconexo e incoherente de medidas, senón anticipando e tomando medidas co eixo e o norte claro no país”: medidas no estímulo da demanda, medidas de activación do mercado do traballo e medidas de protección ás familias e aos traballadores. O noso obxectivo, aseverou o mandatario galego, é “saír canto antes da crise, o mellor posible e fortalecer o país nesta saída da crise”, un obxectivo para o cal o único camiño é “actuar en todas as frontes e contar con todos”. “E vostede autoexclúese”, dixo dirixíndose a Alberto Núñez Feijóo.
“Cero alternativa” da oposición
O presidente galego lembrou que, ao longo do último período de sesións houbo catro debates referidos á situación económica da comunidade galega (a comparecencia a petición propia do presidente da Xunta en setembro; o Debate sobre o Estado da Autonomía; o debate de Orzamentos; e onte mesmo a segunda comparecencia do titular do Executivo a petición propia). Apuntou que ao longo deses debates hai algo que quedou claro: “que vostede –dixo en relación a Feijóo-, non atopou oportunidade, nin modo nin maneira de poder presentar unha soa proposta con sentido, razoable e alternativa para que este país poida afrontar a crise. Ningunha alternativa, señor Feijóo, nada de nada, cero de alternativa. A non ser –advertiu Touriño-,que vostede lle chame alternativa a esa sopa de letras, a ese popurrí de PNLs (proposicións non de lei) de cada vez que intervén, nunha táctica perfectamente prevista, que consiste en que nos tres minutos últimos de intervención se apresura a sacar as PNLs e a non sei cantos plans que teñen propostos ao longo da lexislatura”, aseverou.
A preocupación do Goberno, reducir o paro
Na súa intervención, o presidente da Xunta lembrou que hai “6.000 persoas que deben ser dadas de alta na seguridade social para traballar como coidadores no contorno familiar das persoas dependentes, de acordo á aplicación da Lei de Dependencia”. “¿Que lle parece, señor Feijóo –interrogou Touriño-, que lle digamos a esas 6.000 persoas que deben ser incorporadas e dadas de alta á Seguridade Social que non toca, porque di o señor Feijóo que o que toca agora é preocuparse só das eleccións?”. Esta “é a súa preocupación”, insistiu, lembrando que a do presidente da Xunta “non son as estatísticas do paro”, senón “reducir o paro e a situación de dificultade das persoas”.
A este respecto, explicou que unha das medidas presentadas polo Executivo que preside permitirá contratar, por un período non inferior a seis meses, a partir do mes de decembro e ata xuño próximo, a 2.000 persoas con cargo a traballos de recuperación e limpeza ambiental, das estradas e dos montes da nosa comunidade. “A vostede iso lle parece moi mal”, engadiu Pérez Touriño, insistindo en que a súa preocupación como presidente da Xunta “é que iso teña unha repercusión na redución do desemprego, as taxas de paro e que ofreza unha oportunidade de traballo”.