A GUARDA (MORRAZO-tribuna).- O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, anuncia a presentación dunha moción no próximo pleno para a realización dun Plan de Tráfico para o concello.
Segundo os nacionalistas, A Guarda é un concello cunha importante actividade comercial e de ocio dentro da comarca, así como un referente turístico de primeira magnitude. Esta condición fai que se evidencien a diario problemas de tráfico que chegan a colapsar, en momentos puntuais, algunhas rúas da nosa vila. Estes problemas son máis patentes coa chegada da época estival, o que fai necesario, máis ca nunca, unha planificación do tráfico no noso concello.
Para levar adiante esta planificación, o BNG entende que se fai necesario a realización dun plan de tráfico que recolla aspectos fundamentais como a análise do tráfico actual, a saída sur do porto que faga posíbel unha comunicación máis áxil, definir futuras áreas de aparcamento, aparcamento regulado por zona azul, posíbeis peonalizacións, etc. O Plan debe integrar as necesidades do concello contando, na súa elaboración, coas opinións da sociedade guardesa, a través das súas organizacións sociais e políticas, así como expertos na materia.
Segundo o portavoz nacionalista no pleno de novembro do 2007, o BNG presentou unha moción para estender a zona azul á praza de Avelino Vivente, como medida de urxencia para arranxar os continuos problemas de tráfico da zona. A moción foi rexeitada polo grupo de goberno argumentando que en 4 meses se ía ter un estudio sobre zonas azuis, a día de hoxe non hai absolutamente nada, pero os problemas de tráfico seguen sen solucionarse, ante o cal a formación nacionalista vai máis alá solicitando un plan de tráfico.
Para o BNG é incomprensíbel a pasividade do Alcalde ante a falta de iniciativa do concelleiro de tráfico que non ten feito absolutamente nada para solucionar os problemas de tráfico no noso concello; iso si, o concelleiro cobra puntualmente o soldo do concello.