COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou esta mañá que a aplicación do plan para o estímulo da economía anunciado onte por José Luis Rodríguez Zapatero suporá para Galicia uns 470 millóns de euros e a xeración de máis de 10.000 postos de traballo.
Nunha entrevista na emisora que tanto apoiouno na anterior campaña electoral, o máximo mandatario autonómico considerou que o plan anunciado polo presidente do Goberno central prevé “unha inxección de recursos moi forte e un investimento certamente sen precedentes”. “Se os concellos de Galicia son capaces de mobilizarse rápido e de presentar proxectos de investimento significará para Galicia máis ou menos uns 470 millóns de euros, que deben xerar un volume importante de emprego por riba dos 10.000 novos empregos”, cuantificou o presidente.
En canto ao sector da automoción, o presidente explicou que a Xunta de Galicia puxo en marcha unha liña de axudas por importe de 10 millóns de euros para evitar que a caída da produción e a contracción da demanda repercuta sobre un sector que dá emprego a 25.000 persoas. “Citröen é capaz de axustar, dentro da súa flexibilidade, os tempos de traballo. As auxiliares, non porque son empresas máis pequenas e lles é máis difícil, e iso afectaría dramaticamente ao noso emprego. E o que facemos desde a Xunta é propiciar axudas á formación que taponan e evitan que eses traballadores teñan que ir directamente ao paro e durante ese tempo terán formación tamén importante desde o punto de vista da competitividade”, explicou.