COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, resaltou hoxe o acollemento familiar como unha das liñas estratéxicas prioritarias dentro das medidas de protección para nenos e adolescentes en situación de desamparo. Asegurou que o obxectivo é conseguir que en 2010, cando remata a vixencia do actual Plan Estratéxico Galego de Infancia e Adolescencia, se teñan transformado o 30% das prazas residenciais de protección en acollemento familiar. O vicepresidente explicou estas liñas de acción en materia de menores hoxe no Parlamento en resposta a unha interpelación sobre o informe do Valedor do Pobo “Menores vulnerables: desprotección e responsabilidade penal”.
Quintana salientou a aposta que está facendo a Vicepresidencia polo emprego de medidas normalizadoras, como o acollemento familiar, fronte ás políticas que se viñan facendo antes da chegada do bipartito ao Goberno. Daquela, en 2005, Galiza era unha das comunidades autónomas que máis tutelaba, que máis menores internaba e que máis tempo tiña aos menores nos centros. Grazas á posta en marcha de novas medidas, a través do Plan Estratéxico Galego de Infancia e Adolescencia 2007-2010, explicou que se está corrixindo as tendencias pasadas e obtendo xa resultados, logrando que Galiza pase en tres anos de liderar os índices de institucionalización a ocupar os primeiros postos en número de acollementos familiares.
Dende 2005 ata a actualidade, Galiza ten incrementado nun 55% o número de acollementos familiares, pasando dos 1.100 aos 1.706. Tense reducido ademais a cifra de internamentos en centros, primando outras opcións como o acollemento ou a atención diúrna, ao pasar de 885 internamentos en 2006 aos 748 actuais. E tamén descendeu nun 12% o número de tutelas e nun 34% o número de menores en situación de garda.
Para acadar estes obxectivos, a Vicepresidencia ten aumentado nun 59% o orzamento destinado a acollemento familiar, pasando de 1,9 millóns de euros en 2006 aos 3,1 millóns actuais e tamén ten incrementado nun 29% a contía económica que perciben as familias acolledoras. Ao mesmo tempo, tamén se traballou na creación e formación de equipos especializados en acollemento.
O vicepresidente destacou ademais que, en materia de protección de menores, os esforzos nunca son suficientes e queda sempre moito por facer, pero con todo, Galiza conta dende onte cun novo instrumento para seguir avanzando, a nova Lei Galega de Servizos Sociais. Un novo marco que, segundo Quintana, apuntala o Sistema Galego de Benestar e institucionaliza os servizos sociais ao nivel da educación e da sanidade.
Informe Valedor
Anxo Quintana lembrou que, como xa sinalou fai oito meses nunha interpelación sobre este mesmo tema, dende a Vicepresidencia non se pode máis que valorar positivamente o informe presentado pola institución do Valedor do Pobo, “unha ferramenta de diagnóstico que engade información e propostas para seguir mellorando a efectividade do sistema de protección e defensa do menor”. Recordou ademais que o informe refírese ao sistema de protección no ano 2006, un momento de transición, segundo asegurou, entre as primeiras medidas da Vicepresidencia e a herdanza deixada polo Partido Popular. Sinalou que o informe do Valedor cualifica positivamente algunha das primeiras medidas postas en marcha pola Vicepresidencia: a creación de 5 novos equipos de adopción, a reestruturación dos centros de menores ou a iniciativa do Plan Estratéxico Galego de Infancia e Adolescencia 2007-2010.
Plan Estratéxico
Fronte á ausencia dun instrumento de planificación por parte da Administración anterior, o vicepresidente resaltou a importancia da posta en marcha do Plan Estratéxico Galego de Infancia e da Adolescencia 2007-2010, “unha encomiable iniciativa” definida así polo informe do Valedor. Quintana dixo que non só é un plan para regular os expedientes de menores, senón que é un plan para a totalidade do país, ao universo da infancia que é susceptible de intervención. O Plan marca unha nova liña de prioridades, facendo fincapé na coordinación entre os organismos implicados, na prevención e na diversidade e calidade da carteira de programas.
Nestas liñas de prioridades, Quintana lembrou que xa se teñen conseguido importantes avances, algúns deles xa en proceso de mellora no momento de elaboración do informe do Valedor. Sinalou que xa se teñen establecido liñas de colaboración e coordinación con diferentes organismos –como as consellerías de Educación e Sanidade-, tense impulsado o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI), aprobouse o decreto de creación do Observatorio Galego da Infancia, ampliouse o servizo de atención psicolóxica nos centros de reeducación, puxéronse en marcha novos recursos (4 novos centros de día concertados e unha casa de familia) e pechouse o centro Xoán Vicente Viqueira, “toda unha demostración do que non se debía facer” en canto a atención a menores, tal e como lembraba tamén o informe do Valedor do Pobo.