26 noviembre 2008

O POLIDEPORTIVO DE PONTEAREAS APROBADO NA DEPUTACIÓN TERÁ 45 METROS DE LARGO, 30 DE ANCHO E 7 DE ALTO

PONTEAREAS/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o proxecto de construcción dun polideportivo en Ponteareas por un importe de 561.747 euros nas anualidades 2008-2010. Do importe total, a institución provincial aportará 421.310 euros e o Concello de Ponteareas 140.436 euros.
As obras aprobadas consistirán na construcción dun pavillón polideportivo de 45 metros de lonxitude, 30 de ancho e 7 metros de altura libre. O pavillón está adosado ó actual pavillón polideportivo de Ponteareas polo que os traballos consistirán na construcción dunha pista das medidas anteditas con un graderío pois tódolos servizos _oficiñas,taquillas, aseos, etc_ serán compartidos co actual pavillón.
O proxecto prevé unha cimentación mediante pilotes, unha estructura de vigas e piares prefabricados de formigón armado, unha cuberta da nave formada por cerchas de 30 metros de luz equidistantes a 6,50 metros, e uns cerramentos exteriores formados por unha fábrica de perpiaño de pedra granítica tipo gris Mondariz/rosa Porriño, de 50 centímetros de altura, 12 de espesor e lonxitude variable. Este cerramento terá unha altura de 4,50 metros.
Oito meses
O pavimento do pavillón está formado por unha base de macadam 30/70 de 20 centímetros de espesor, lámina de polietileno e soleira de formigón. O pavimento da pista será de tipo deportivo sintético Everlay System Mondosport. E as portas exteriores do pavillón de aluminio lacado e acristalamento doble.
O proxecto hoxe aprobado prevé un prazo de execución de oito meses.