Ánxela Bugallo explicou no Parlamento as actuacións desenvolvidas polo seu departamento en materia de arqueoloxía subacuática desde 2006, con campañas na ría de Vigo, a Costa da Morte e as Illas Atlánticas
A Consellaría realizou un preinventario baseado en información documental que dá conta de 475 xacementos e lugares de potencial interese arqueolóxico
En 2007 e 2008 localizáronse 11 pecios na Costa da Morte, entre eles tres do século XVI, e 15 pecios na ría de Vigo que poderían pertencer á flota da batalla de Rande
MÁIS INFORMACIÓN:
IMAXES DAS PROSPECCIÓNS ARQUEOLÓXICAS SUBACUÁTICAS: http://culturaedeporte.xunta.es/actualidade/prensa/galeria.php?idn=./Patrimonio/Arqueoloxia_subacuatica_2008&sec=&lg=ga
MAPA DO PREINVENTARIO COA DISTRIBUCIÓN DOS PECIOS NA COSTA GALEGA: http://culturaedeporte.xunta.es/mediateca/galeria/Patrimonio/Arqueoloxia_subacuatica_2008/mapa_preinventario_subacuatico.jpg