PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra participou de forma activa na conmemoración do Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres coa celebración dunha multitudinaria concentración diante do Pazo Provincial.
Centos de persoas sumáronse á iniciativa organizada pola institución e formaron con paraugas abertos de color morado a frase “Non máis violencia” para proclamar, deste xeito simbólico, a unión de todos os cidadáns, homes e mulleres, para loitar con esta forma de violencia que a día de hoxe produciu a morte de 57 mulleres.
O titular do organismo provincial, Rafael Louzán, e a deputada delegada de Acción Social, Teresa Pedrosa, déronse cita tamén neste acto celebrado na Avenida de Montero Ríos xunto con outros representantes da sociedade como, Teresa Carril, da Asociación Luz Contra os Malos Tratos; e Evaristo Portela, director do grupo deportivo Super Fróiz, que leron manifestos de condena. Participaron, tamén outros integrantes da corporación provincial, funcionarios e representantes da sociedade en xeral.
Teresa Carril reclamou a implicación dos políticos nunha causa tan importante xa que considera que a violencia exercida en contra das mulleres “é un problema social e de estado”. A presidenta da Asociación Luz Contra os Malos Tratos pediu “polas que xa non poden falar” xustiza, que se aplique a lei e que non se teñan contemplacións cos “terroristas de xénero”.
Pola súa banda, Rafael Louzán e Evaristo Portela declararon que a loita contra o machismo e a violencia de xénero é cousa de todos.