COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, destacou hoxe o valor que ten a tarxeta social que se implantará no marco da Lei Galega de Servizos Sociais por ser o primeiro documento de identidade universal para todos os galegos e galegas. Segundo explicou Quintana na súa intervención no pleno do Parlamento, este novo documento é o símbolo da universalidade da nova lei aprobada hoxe e congratulouse de que este primeiro documento de identificación universal de Galiza contara cun apoio unánime.
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei Galega de Servizos Sociais, o novo marco lexislativo no que se cimenta o primeiro Sistema Galego de Benestar nacional. A Lei Galega de Servizos Sociais posta en marcha pola Vicepresidencia da Xunta nace logo dun amplo proceso participativo aberto a toda a cidadanía, así como ás organizacións e institucións implicadas nesta materia. Ademais, o proxecto veuse tamén enriquecido coas achegas de todos os grupos parlamentarios da Cámara galega. Neste senso, o vicepresidente da Xunta quixo agradecerlles a súa colaboración a todas as persoas que participaron no desenvolvemento da lei, un proceso que hoxe culminou coa súa aprobación no Parlamento.
O vicepresidente do Goberno galego pechou hoxe o debate arredor do proxecto da Lei Galega de Servizos Sociais e quixo salientar na súa intervención a importancia que ten a aprobación deste novo marco lexislativo como base dun sistema nacional de benestar propio, deseñado para Galiza e para os galegos e as galegas. Tal como explicou, trátase de crear un sistema galego de benestar propio, “creado desde nós mesmos, sen copiar formatos exteriores, aprendendo de todos pero tamén converténdonos en referencia para o conxunto do Estado e do mundo”. Así, para Quintana, esta lei é o resultado de poñer o autogoberno ao servizo do benestar da cidadanía, xa que se deseñou un modelo de benestar que atende á realidade propia da cidadanía galega e co que construír a cuarta pata do Estado do Benestar: os servizos sociais.
Nas súas palabras Anxo Quintana lembrou tamén que este sistema galego de benestar enténdese como unha rede pública e universal que sirve para que Galiza se autoresponsabilice do seu futuro, asumindo novos retos e dirixindo as políticas en función das súas necesidades.
Ademais, o vicepresidente da Xunta salientou o traballo realizado no que vai de lexislatura, que fixo posible situar aos servizos sociais no centro de debate na Cámara parlamentaria, o que para Quintana pon de manifesto que “nos preocupa o benestar social dos cidadáns”. Un debate que, tal como apuntou Quintana, tivo como resultado a aprobación hoxe da Lei Galega de Servizos Sociais. Ademais, salientou a importancia que ten a aprobación desta norma nun momento de crise como o que se vive agora, porque é precisamente en situacións como a actual cando “se debe protexer máis a quen máis protección precisa”, un obxectivo que se pretende con esta nova lexislación.
Lei universal
Na súa intervención no Parlamento, o vicepresidente do Goberno galego lembrou que a Lei Galega de Servizos Sociais non se entende como unha lei para as persoas dependentes, con discapacidade ou en situación de exclusión social, senón que se entende como unha lei universal dirixida aos 2,7 millóns de habitantes do país, porque, tal como detallou, é unha norma pensada para todas as persoas que o día de mañá chegarán a ser maiores, ou que poden sufrir situacións de exclusión social ou poden adquirir algún grao de discapacidade ou dependencia.
Anxo Quintana tamén tivo palabras para lembrar o esforzo realizado desde sempre polas persoas anónimas, profesionais e entidades sociais que co seu traballo sostiveron os servizos sociais no país. Para Quintana o Sistema Galego de Benestar actual constrúese en base a esta “abnegada labor” e xorde froito da ilusión, do traballo e do desexo destas persoas. “Para eles vai esta lei, que nace froito do seu esforzo”, apuntou Anxo Quintana, quen lembrou neste punto que o documento aprobado hoxe dispón dos instrumentos e recursos precisos para a súa aplicación. De feito, salientou que o Goberno ten destinado aos servizos sociais os orzamentos máis grandes de toda a autonomía, e, así, a Vicepresidencia disporá no vindeiro ano de 547 millóns de euros para as políticas sociais, un 10,8 por cento máis ca neste exercicio, converténdose así no segundo departamento da Xunta que máis medra en investimento.
Principios reitores
O principal valor da Lei Galega de Servizos Sociais radica no seu carácter de modelo público, nacional e universal, unha norma que fai que Galiza se dote un verdadeiro sistema público de servizos sociais á mesma altura que a Sanidade ou a Educación. Así, o seu carácter público fai que sexan as Administracións galegas e as entidades públicas as responsables da planificación, deseño e aplicación dos servizos sociais; o seu carácter nacional pon de manifesto a súa adaptación á realidade galega, e amplía o catálogo de servizos e prestación contidos na lexislación estatal; mentres que o seu carácter universal erixe aos servizos sociais como dereitos de cidadanía que calquera persoa pode exercer por simple razón de necesidade.
Un exemplo da nova perspectiva que toman os servizos sociais é a posta en marcha da tarxeta social individual, así como do profesional de referencia, similar á figura do médico de cabeceira. Ademais, cada persoa terá un expediente social único no que se recollerán todas as intervencións e prestacións que percibe, co que se garantirá unha maior coordinación e racionalización na aplicación dos servizos.
Estruturación da lei
A lei estrutúrase nun título preliminar e dez títulos, seis disposicións adicionais e tres transitorias, ademais dunha disposición pola que se derroga a Lei 4/1993, de servizos sociais, catro artigos da Lei 9/1991, de medidas básicas para a inserción social e todas aquelas normas de igual ou inferior rango que contradigan ou se opoñan ao establecido no presente proxecto de lei. Así mesmo, establece a obriga de que no prazo máximo dun ano desde a súa entrada en vigor, a Xunta proceda á revisión da regulación legal da renda de integración social de Galicia elaborando un novo proxecto de lei para a súa remisión ao Parlamento.
No que atinxe á estrutura da lei, o título preliminar contén as disposicións de carácter xeral e establece o seu obxecto. Nel defínese o sistema galego de servizos sociais como o integrado polo conxunto de servizos, programas e prestacións, tanto de titularidade pública como de titularidade privada acreditados e concertados pola administración nos termos establecidos na presente lei, así como os seus obxectivos e os principios xerais polos que este se debe rexer. Inclúese tamén neste título a delimitación de quen é, con carácter xeral, titular do dereito de acceso aos servizos sociais, así como o conxunto dos dereitos e deberes das persoas usuarias en relación cos servizos e prestacións do sistema. Deste xeito, establécese que poderán acceder ao sistema galego de servizos sociais todos os e as cidadáns dos estados membros da Unión Europea empadroados nun concello de Galicia; os galegos residentes fóra de Galicia e a súa descendencia cando, estando necesitados de atención, lles sirva de medio para o seu retorno definitivo; e tamén os estranxeiros empadroados en calquera concello de Galicia; e todas aquelas persoas que, sen estaren nos supostos anteriores, se atoparen en estado de necesidade ou situación de emerxencia social ou humanitaria, de acordo co establecido na lexislación vixente en materia de estranxeiría e demais tratados internacionais.
Estrutura do sistema
O título primeiro divídese en tres capítulos, relativos ao sistema galego de servizos sociais, nos que se determina a súa estrutura, funcións, intervencións, programas, servizos e prestacións, así como os aspectos básicos do equipo de profesionais dos servizos sociais.
No capítulo I estrutúrase o sistema galego de servizos sociais en forma de rede, consonte dous niveis de atención, diferenciándose os servizos comunitarios, que comprenden, á súa vez, dúas modalidades -básicos e específicos-, e os servizos sociais especializados, sinalando as funcións correspondentes a cada un deles. Neste capítulo incorpórase a tarxeta social galega, que deberá facilitar a continuidade e coherencia do itinerario de intervención social.
O capítulo II define o catálogo de servizos sociais e regula as intervencións, programas, servizos e prestacións do sistema galego de servizos sociais.
Por último, o capítulo III recolle a configuración do equipo profesional dos servizos sociais, incorporando a figura do profesional de referencia coa finalidade de dotar da máxima coherencia o itinerario de intervencións.
Xestión dos servizos
O título II atinxe á xestión dos servizos sociais. Nel faise referencia ás entidades prestadoras de servizos sociais e regúlase a participación da iniciativa social –sen ánimo de lucro- e de entidades privadas de carácter mercantil na xestión dos servizos sociais, sempre desde o punto de vista da súa complementariedade coa oferta pública de servizos sociais.
Finalmente, autorízase a creación da Axencia Galega de Servizos Sociais, co fin de que a través dela se propicie unha xestión máis áxil e eficiente no marco das funcións fixadas neste proxecto de lei. Os obxectivos da Axencia serán acadar un aproveitamento óptimo e a racionalización no emprego dos recursos dedicados aos servizos sociais, asegurando o maior nivel de eficacia e eficiencia na súa xestión e prestación; velar pola plena efectividade do principio de responsabilidade pública na prestación dos servizos sociais; xestionar equipamentos, prestacións económicas, programas e servizos sociais de competencia autonómica; e coordinar o exercicio das actuacións públicas e privadas en materia de servizos sociais, promovendo o establecemento de convenios, concertos ou calquera outra fórmulas de coordinación ou cooperación que permitan unha utilización óptima e racional dos recursos.
Órganos consultivos e de participación
O título III fai referencia aos órganos consultivos e de participación, regulando o Consello Galego de Benestar Social e a creación no seu seo do Observatorio Galego de Servizos Sociais, así como a constitución dunha Mesa Galega de Servizos Sociais que garanta un espazo de diálogo institucional cos axentes sociais.
O Consello dará acollida á Xunta de Galicia, a Fegamp, organizacións empresariais, centrais sindicais e organizacións profesionais agrarias máis representativas, colexios profesionais, universidades, asociacións de usuarios e entidades prestadoras de servizos sociais. Entre as súas funcións figurará a avaliación das políticas de servizos sociais ou emitir informe sobre os proxectos de planificación e programación e a normativa nesta materia, entre outras. O Observatorio nace como un sistema de información permanente sobre a situación dos servizos sociais en Galicia, polo que presentará con carácter anual informes de conxuntura social. A Mesa será o órgano específico de participación institucional dos axentes sociais para o deseño das políticas públicas no eido dos servizos sociais.
Planificación do sistema de servizos sociais
A planificación do sistema de servizos sociais é o obxecto do título IV, en que se introduce a previsión da existencia de áreas sociais como unidades territoriais de referencia para a planificación dos servizos sociais, de forma que se garanta unha distribución equilibrada dos recursos e a igualdade de oportunidades no acceso a eles. De feito, prevese a aprobación do mapa galego de servizos sociais, en que se definirán as áreas sociais e se establecerán os criterios de dotación de centros e de servizos no territorio de Galicia.
O instrumento máis relevante de planificación é o Plan estratéxico de servizos sociais –que se elaborará cada seis anos-, que poderá ser complementado e desenvolvido en forma de plans e programas sectoriais que deberán conter as especificacións mínimas fixadas na lei, entre as que figuran a análise das necesidades e da demanda social que motiva o plan; definición dos obxectivos de cobertura e establecemento de períodos temporais para a súa consecución; tipificación e distribución territorial dos recursos necesarios para lograr os obxectivos ou criterios de seguimento, aplicación e avaliación do plan, entre outros.
Calidade do sistema de servizos sociais
Pola súa banda, o título V regula o sistema de calidade do sistema galego de servizos sociais. A calidade configúrase no proxecto de lei como un principio reitor do sistema e, ademais, como un dereito das persoas. O sistema de calidade terá que tomar como referente o nivel de satisfacción e as necesidades das persoas en relación co sistema galego de servizos sociais e, no marco do plan estratéxico de servizos sociais, desenvolverase un plan de calidade que deberá definir os obxectivos esenciais, os indicadores e estándares de referencia e os mecanismos de seguimento e control.
Financiamento do sistema
O Título VI, relativo ao financiamento do sistema galego de servizos sociais, centra a súa atención nas previsións orzamentarias do Goberno galego e da Administración Local, coas especificidades derivadas das competencias atribuídas a cada unha delas. Establécese como obriga que os orzamentos anuais de cada exercicio incorporen as correspondentes previsións para atender as necesidades dos servizos, programas e prestacións previstos no Plan Estratéxico de Servizos Sociais para cada exercicio orzamentario. Así mesmo, estipúlase que a atribución ás entidades locais de competencias de titularidade autonómica nesta materia deberá ir acompañada da transferencia de medios económicos, materiais e persoais que resulten necesarios para o seu adecuado exercicio.
Abórdase tamén neste título a contribución das persoas usuarias ao custo dos servizos mediante o aboamento de prezos públicos, sen prexuízo da aplicación de criterios de progresividade, pero sen que iso poida supoñer, en ningún caso, que queden excluídas de recibir un servizo por insuficiencia de medios económicos. Conclúe este título previndo a posibilidade de participación de entidades privadas no financiamento dos servizos sociais.
Atribución de competencias
O título VII desta lei ocúpase da atribución de competencias ás administracións públicas de Galicia en materia de servizos sociais, estruturándose en dous niveis: Xunta de Galicia e entidades locais, que deberán actuar conforme os principios de coordinación e cooperación. Este título divídese en dous capítulos, estando o primeiro deles dedicado ás disposicións xerais en materia de atribución de competencias e o segundo a regular as competencias das administracións públicas.
No que se refire ás competencias dos concellos fíxanse uns servizos sociais mínimos que deberán quedar garantidos por todos os concellos e a posibilidade de que poidan desenvolver actividades municipais complementarias doutras administracións públicas. Finalmente establécese a creación dunha Comisión Interdepartamental de Servizos Sociais coa finalidade de coordinar as actuacións dos distintos departamentos do Goberno galego que incidan na mellora do benestar da cidadanía galega.
Control e garantía pública
O título VIII ocúpase dos mecanismos de control e garantía pública do sistema galego de servizos sociais. Para iso divídese en dous capítulos, estando o primeiro deles dedicado ao réxime de rexistro, autorización administrativa e acreditación de entidades, centros, servizos ou programas e o segundo á regulación da función inspectora.
Os títulos IX e X regulan de modo exhaustivo o réxime de infraccións e sancións en materia de servizos sociais, diferenciando un réxime xeral e outro específico de infraccións e sancións para as persoas usuarias, dada a especial posición na que se atopan dentro do sistema galego de servizos sociais. En diferentes capítulos regúlanse as disposicións xerais de cada réxime sancionador e o catálogo correspondente de infraccións e sancións, así como o procedemento administrativo, con expresa remisión á regulación contida no título IX da Lei 30/92, do 26 de novembro, e ao seu desenvolvemento, aprobado polo Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, prevéndose a adopción de medidas provisionais necesarias para asegurar a eficacia da resolucións sancionadoras que puideran ditarse, así como o destino do importe das sancións impostas á mellora dos servizos sociais
As infraccións quedan divididas en leves, graves e moi graves. As primeiras sancionaranse con multas de entre 1.000 e 3.000 euros; as segundas, con multas de entre 3.001 e 15.000 euros e as últimas, con multas de entre 15.001 e 60.000 euros. As sancións graves e moi graves poderán levar como accesorias:
• Prohibición de acceder ao financiamento público da Xunta de Galicia durante un período de entre un e cinco anos, en relación co centro, servizo ou programa sancionado.
• Inhabilitación para o desenvolvemento de funcións ou actividades similares, ata un prazo máximo de cinco anos.
• A suspensión da actividade ou o peche temporal, total ou parcial, por un período máximo de cinco anos.
• O cesamento definitivo do servizo ou programa ou o peche definitivo do centro, xa sexa total ou parcial.
Cando o beneficio económico que resulte da comisión dunha infracción tipificada no proxecto de lei sexa superior á sanción pecuniaria que corresponda, esta poderá incrementarse na contía equivalente ao beneficio obtido.
No caso de que a infracción cometida derive do incumprimento da normativa vixente en materia de prezos, a resolución sancionatoria poderá incluír un pronunciamento sobre a procedencia de indemnizar as persoas usuarias por unha contía equivalente ao importe das cantidades percibidas indebidamente.