VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Reacciones tras el nuevo caso de violencia de género habido en el fin de semana.
TOURIÑO: “O FUTURO SÓ SERÁ TAL SE NEL AS MULLERES ACADAN A IGUALDADE REAL E EFECTIVA E A VIOLENCIA DE XÉNERO QUEDA ERRADICADA COMO LACRA SOCIAL”
“O futuro só será tal, se nel as mulleres acadan a igualdade real e efectiva e a violencia de xénero queda erradicada como lacra social”. Así o manifestou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, no transcurso do acto 21 mulleres, 21 historias cotiás, organizado pola Fundación Iniciativas 21, e que se celebrou esta mañá en Santiago.
O máximo mandatario galego expresou o seu sentimento de “repulsa e condena” polo último caso de violencia doméstica, no que unha muller foi asasinada polo seu home onte en Pontevedra. “Porque cada caso de violencia machista é un fracaso, porque cada vida ten un valor infinito e irrecuperable, porque cada morte é unha traxedia para todos que delata unha sociedade enferma que agocha os seus problemas, por iso debemos de seguir traballando con toda a forza e capacidade para loitar contra a violencia machista”, afirmou. Trátase engadiu, “dun problema que nos afecta a todos, non só aos que o padecen” e insistiu na necesidade de “seguir instando a denunciar, porque os reacios a denunciar están encubrindo a un maltratador”.
No transcurso da súa intervención, o presidente galego valorou a importancia deste tipo de actos para visualizar a importancia crecente da muller e a súa contribución ao desenvolvemento de Galicia e asegurou que a igualdade de xénero é “un dos máis poderosos motores da prosperidade social, política e moral da nosa Comunidade, e así o vai seguir sendo”. “A igualdade é unha esixencia de xustiza e, ademais, é rendible: a Galicia foille ben a medida que íamos crecendo en igualdade”, engadiu Touriño, quen asegurou que a comunidade non pode prescindir “da forza económica que representan as galegas do século XXI” para acadar a converxencia con Europa.
VICEPRESIDENCIA CONDENA O CASO DE VIOLENCIA DE XÉNERO OCORRIDO EN PONTE CALDELAS
A Vicepresidencia da Xunta de Galicia mostra a súa máis enérxica repulsa polo caso de violencia de xénero ocorrido onte en Ponte Caldelas, no que resultou morta unha muller acoitelada pola súa parella. A Vicepresidencia da Xunta sigue puntualmente o suceso e xa se puxo a disposición da Delegación do Goberno para ofrecerlle o apoio psicolóxico e de tipo social que poida precisar a familia da vítima.
A violencia contra as mulleres constitúe unha lacra moi complexa que deriva nunha das máis graves e intolerables violacións dos dereitos humanos; por iso, dende a Vicepresidencia remárcase o compromiso na loita contra esta violencia e a busca de medios e alternativas que permitan ás mulleres galegas o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático.
Dende a Secretaría Xeral da Igualdade pretende trasladarse a mensaxe clara e rotunda do mantemento dunha belixerancia activa contra a violencia de xénero para o que se están a desenvolver día a día medidas dirixidas a apoiar ás mulleres que en Galiza se atopan nesta situación.
Concentracións
Para mostrar a súa repulsa por este suceso, a Vicepresidencia convocou para mañá luns –ás 12,00 h– concentracións públicas de repulsa e en solidariedade coa vítima, tanto na sede central en San Caetano –na entrada da Vicepresidencia– como nas catro delegacións provinciais. O departamento autonómico tamén se suma a todas aquelas mostras de repulsa que convoquen as organizacións cidadás.
A estes actos están convocados os traballadores e traballadoras da Xunta e todos os cidadáns que se queiran sumar á iniciativa. Con estas concentracións, a Vicepresidencia –a través da Secretaría Xeral da Igualdade– quere amosar a súa condena pola nova morte violenta dunha muller, así como a súa repulsa ante calquera acto de violencia machista.

FEIJÓO EXPRESA O SEU PESAR POLO NOVO CASO DE VIOLENCIA DE XÉNERO E PIDE AO ALCALDE DE PONTECALDELAS QUE TRASLADE O PÉSAME Á FAMILIA E AMIGOS DA VÍCTIMA
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, expresa, en nome propio e no de todos os militantes desta formación, o seu pesar polo novo caso de violencia de xénero rexistrado onte en Pontecaldelas.
Núñez Feijóo, que se atopa de viaxe en Arxentina, falou esta mañá co alcalde de Pontecaldelas para transmitirlle as súas condolencias, ao tempo que lla pediu que traslade o pésame aos familiares a amigos da victima desta lacra social.
Ante este novo suceso luctuoso, os populares galegos súmanse á rabia, dor e impotencia que embarga neste momento ao conxunto da sociedade galega.

O PPdeG INSTA AO BIPARTITO A INCLUIR NOS PLANS DE SAÚDE AS PROPOSTAS DO OBSERVATORIO ESTATAL DA VIOLENCIA SOBRE A MULLER PARA MELLORAR A ATENCIÓN DESTES CASOS
Susana López Abella defenderá a proposta no Pleno do Parlamento que se inicia o vindeiro martes, no que tamén fará un chamamento á responsabilidade de PSOE e BNG, para evitar que se volven repetir feitos como a campaña que vinculaba violencia de xénero e lingua
A voceira de Igualdade do Grupo Parlamentario Popular, Susana López Abella, defenderá no Pleno do Parlamento que se inicia o vindeiro martes unha proposición non de lei para instar ao Bipartito a asumir como propias e incluír nos diferentes plans de saúde que xestiona o Sergas as recentes propostas de actuación que para, para o ámbito sanitario, vén de efectuar o Observatorio Estatal da Violencia sobre a Muller.
En concreto, a iniciativa popular, asinada polos deputados Susana López Abella, Miguel Santalices e Marta Rodríguez Arias, busca un acordo unánime do Parlamento que inste á Xunta a incluír a violencia de xénero en todos os plans de saúde e carteiras de servizos do Servizo Galego de Saúde, tanto no ámbito da atención primaria, como no da especializada, especialmente nas áreas de Saúde Mental, Xinecoloxía e Obstetricia.
De xeito complementario, os populares galegos reclaman a posta en marcha de plans de formación sobre violencia de xénero dirixidos aos profesionais da sanidade pública e a implantación dun protocolo común que fixe as pautas de atención do persoal sanitario ás vítimas destas agresións.
Para mellorar ao coñecemento do impacto real desta lacra, o PPdeG tamén propón incorporar aos rexistros de mortalidade da Comunidade Autónoma todos os casos de feminicidios, contando para iso coa colaboración dos servizos de medicina legal e forense.
Susana López Abella aproveitará a súa intervención parlamentaria para facer un chamamento á responsabilidade de PSOE e BNG, exhortándoos a evitar que se volvan repetir feitos como a recente campaña promovida polo Concello da Coruña e a Deputación Provincial na que se vinculaba violencia de xénero e lingua, banalizando unha lacra que, no que vai de ano, ten custado a vida a catro mulleres na Comunidade Autónoma, incluíndo o último caso, rexistrado en Pontecaldelas.
CONDENA DO ÚLTIMO CASO DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Despois do último caso de violencia de xénero, López Abella condena, en nome do PPdeG, este suceso, que olla con rabia, dor e impotencia, como o conxunto da sociedade galega.
A tamén vicesecretaria xeral do PPdeG recorda, simultaneamente, as notables carencias que seguen rexistrándose en Galicia no ámbito da violencia de xénero, poñendo como exemplo o feito de que a Xunta e o Goberno central continúan sen facer efectivos os xulgados específicos de violencia de xénero nas cidades de Lugo, Ourense e Ferrol, reclamados por un mandato unánime da Cámara autonómica; e que os comprometidos para Santiago de Compostela e para Pontevedra continúan sen entrar en funcionamento.