COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, recalcou o compromiso do Goberno galego de rematar coa discriminación das mulleres no rural como unha cuestión de igualdade, de xustiza e de eficiencia económica. Xustificou esta afirmación explicando que o 63% das 53.000 persoas inscritas no Réxime Especial Agrario de Galiza son mulleres pero que son os homes os que son titulares das explotacións, os que toman decisións e os que cotizan e cobran logo as pensións. “O noso rural funcionará mellor e creará máis riqueza se as mulleres que traballades nel podedes xestionar as vosas explotacións e ter os mesmos dereitos laborais”, afirmou Quintana na clausura dun encontro con mulleres rurais galegas celebrado en Santiago e no que tamén estivo o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal.
Asemade, o vicepresidente lembrou que, ademais de traballaren no campo, as mulleres garanten o benestar das familias coidando do fogar, dos fillos e das persoas maiores polo que, segundo Quintana, “a Galiza coidadora e a Galiza do benestar debémoslla ás mulleres”. Por iso, dixo que este era o primeiro Goberno galego que aposta pola igualdade e polo medio rural con iniciativas como a do Banco de Terras ou a nova política de xestión forestal. Sen embargo, tamén indicou que a supervivencia do rural non é posible sen a valorización, a participación e o protagonismo das mulleres galegas. Dixo que as mulleres representan máis do 50% da poboación e que un páis que despreza ese capital humano está abocado ao fracaso. Indicou o vicepresidente que se ten avanzado moito en cuestións como as taxas de emprego feminino pero que aínda hai que traballar para garantir a presenza das mulleres nas cúpulas directivas das empresas.
Ao respecto, sinalou as medidas que se puxeron en marcha como as axudas de 2.000 euros para as mulleres que se inscriban como cotitulares das explotacións no Rexistro de Explotacións Agrarias Prioritarias da Consellería de Medio Rural. A través do Programa EMEGA, xa se inscribiron máis de 700 mulleres como cotitulares entre 2006 e 2008. Quintana abondou que a Consellería de Medio Rural vén de aprobar o decreto que crea o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galiza, que entrará en funcionamento o próximo 1 de xaneiro, e no que deberán inscribirse tódalas explotacións agrarias, tanto as prioritarias como as que non teñan esta cualificación. Con esta medida búscase tamén fomentar a titularidade compartida das instalacións, visibilizar o papel das mulleres no sector agrario e garantiralles os mesmos dereitos que aos seus compañeiros titulares.
Así mesmo, Quintana falou das axudas para subvencionar ata o 50% da cotización á Seguridade Social dos cotitulares das explotacións agrarias, o que beneficia especialmente ás mulleres. Por outra banda, destacou que co Programa de incorporación de mozos e mozas á actividade agraria, entre 2006 e 2008, máis de 2.300 xoves se incorporaron a esta actividade. Deles, 1.200 eran mulleres. “Conseguimos así inverter a tendencia dos anos precedentes, sendo a porcentaxe de mulleres que se incorporaron a esta actividade superior á dos homes, en concreto, o 52%”. E dixo que “destinamos 150.000 euros á formación agroforestal de mulleres, unhas axudas das que se beneficiaron máis dun cento de entidades de mulleres”, sinalou.
Medidas para conciliar
Ao mesmo tempo, o vicepresidente da Xunta referiuse ás medidas postas en marcha para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. “Estamoa a dotar ao país dunha rede de equipamentos públicos que libere á muller de ter que ocuparse practicamente en solitario de atender aos fillos e aos maiores dependentes, unha rede que aposta polos concellos rurais e polas comarcas do interior do país”, afirmou.
Quintana especificou como dende a chegada ao Goberno aumentouse nun 65% as prazas públicas de educación infantil de 0-3 anos, pasando de 6.595 en 2005, a máis de 10.900 hoxe en día, e de 118 escolas a 210. Quintana sinalou que de cara ao ano 2009, a previsión é manter un ritmo de creación de 20 novas escolas por ano. Deste xeito, no próximo ano superaríanse xa as 13.700 prazas e unha taxa de cobertura do 22%. Lembrou que tamén se creou a Rede de Galescolas, que conta xa con 73 centros neste curso 2008-09, e que serán 121 ao final da lexislatura, con 6.000 novas prazas de educación infantil de 0-3 anos. Máis do 70% das 73 Galescolas, un total de 52, en funcionamento construíronse en concellos fundamentalmente rurais.
Por outra banda, o vicepresidente referiuse á Rede Galega de Centros de Día, que consta actualmente de 55 centros e máis de 2.000 prazas: 15 xa prestando os seus servizos, outros 12 que comezarán a funcionar antes de finais de ano e os restantes, aínda en construción, que se poñerán en marcha ao longo do 2009. “A construción dos novos centros atendeu ao reequilibrio territorial do país, primando a presenza destes equipamentos nos concellos rurais do país. En concreto, o 48 destes 55 centros están situados en áreas fundamentalmente rurais”, explicou.
No marco da atención á dependencia, “establecemos a Libranza do Coidador, como un xeito de dignificar e de recoñecer economicamente o labor de todos aqueles coidadores e coidadoras familiares que até o de agora viñestes desempeñando ese labor sen ningún tipo de apoio. Trátase dunha medida moi importante para as mulleres, xa que máis do 63% das persoas que en Galiza se ocupan habitualmente dalgún familiar dependente son mulleres”, abondou Quintana. E explicou que esta paga pode chegar ata os 507 euros ao mes para os dependentes máis graves, ademais da cotización á Seguridade Social. Nestes momentos, máis de 4.200 persoas están a cobrar esta prestación en Galiza (e 13.000 teñen recoñecida esta prestación).
Tempos de Mulleres
Ao respecto das iniciativas que procuran acadar a participación das mulleres na toma de decisións e na vida económica, social e cultural, o vicepresidente salientou o programa Tempos de Mulleres. A través deste programa, as mulleres do rural acceden a unha formación coa que adquirir confianza nelas mesmas. Dixo que este programa é un espazo de encontro con outras mulleres, no que compartir experiencias e un “instrumento para axudarvos a conquistar o voso tempo. É un programa pensado para situar as mulleres galegas no lugar que vos corresponde, na primeira liña da acción económica, política, cultural e social do país”. Na súa primeira edición interviñeron 8.000 mulleres e este ano vanse acadar as 14.000 participantes, o que demostra a boa acollida e a necesidade dun programa deste tipo.
Por outra banda, a Consellería de Medio Rural destinou o pasado ano 120.000 euros á promoción do asociacionismo feminino como un xeito de incentivar a presenza das no tecido produtivo galego. Así mesmo, a nova normativa do Plan Leader obriga a que a xestora de cada un dos 31 Grupos de Desenvolvemento Rural encargados de xestionar os preto de 150 millóns de fondos europeos deste período inclúa ás asociacións de mulleres da zona, o que contribúe a implicalas na toma de decisións.
Para finalizar a súa intervención, agradeceu o traballo de Fegamur (Federación Galega de Mulleres Rurais) e das demais asociacións de mulleres polo traballo conxunto coa Administración; pero recoñeceu que queda por facer aínda que seremos capaces de chegar aos obxectivos “se facemos todo de forma conxunta”.