CANGAS/BUEU/MOAÑA (MORRAZO-tribuna).- A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO, coa colaboración da Federación Foro Galego do Comercio contribuíu a que 17 establecementos comerciais do Morrazo conseguisen o Selo de Calidade do Comercio Galego otorgado pola Consellería de Innovación e Industria por medio da Dirección Xeral de Comercio.
Logo de celebrarse nas localidades de Bueu, Cangas e Moaña sendas xornada informativa da man de FECIMO sobre os requisitos que debían cumplir os comercios para optar ao Selo de Calidade, 17 establecementos entregaron unha solicitude á Federación, a cal comezou a informar e formar os establecementos para lograr cumprir os trámites precisos para a consecución deste distintivo.
Os requisitos anteriormente mencionados son os seguintes: Por un lado, estar en posesión do certificado de cumplimento da norma UNE 175001, emitido por unha entidade avaliadora acreditada pola ENAC, Empresa Nacional de Acreditación. Esta Norma UNE 175001 de Calidade de Servizo para o Pequeno Comercio, céntrase en aspectos da calidade das actividades de venda e servizos adicionais. Facendo fincapé no cumprimento de tres parámetros:
1. O que se refire a servizos e atención o cliente: como cortesía, seguridade, credibilidade, capacidade de resposta, comunicación,…
2. Da calidade dos elementos tanxibles como son as instalacións, equipos e mobiliarios, envases e embalaxes, documentos de compra…
3. Do referido a formación e capacitación do persoal: imaxe, competencia profesional, …
Foi preciso en algúns casos un período de formación en marketing, atención o cliente e legislación entre outros.
Para a consecución deste certificado tamén é preciso un total coidado das instalacións, equipos e mobiliarios para dotar ao establecemento dun valor diferencial engadido, sendo preciso reformas a adaptacións das instalacións.
Por outra banda, a Dirección Xeral de Comercio establece ademais, a maiores, uns requisitos que afectan a unha cuestión de responsabilidade de tipo social con toda a sociedade. É preciso o cumplimento de 8 dos 9 requisitos esixidos, e que resumidos son:
· Coñecemento da normativa vixente en materia de comercio. Lexislación.
· Ausencia de sancións en materia de comercio nos 3 últimos anos. Non ter recibido denuncias.
· Utilización da lingua galega na sinaléptica e páxina web, de ser o caso.
· Adhesión ao sistema arbitral de consumo.
· Pertenza a unha asociación de comerciantes ou centro comercial aberto. Ser membro de Fecimo.
· Procura da conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores. Maternidade, minusvalías etc
· Existencia dun Programa de Prevención de Riscos Laborais. Formación e titulación ao efecto.
· Adopción de medidas para a supresión de barreiras arquitectónicas nos locais. Acceso a minusvalidos.
· Medidas de aforro energético e ambientais. Reciclaxe de residuos, papel, cartón, plásticos, pilas etc. Aparatos luminosos de baixo consumo. Uso de bolsas degradables.
Este distintivo nacido coa finalidade de promocionar a calidade e a excelencia no comercio galego implica a obtención de dúas vantaxes significativas: O afianzamento de clientes e Valor diferencial.
En definitiva este distintivo permite aos comercios ofrecer unha atención ao público especializada e adaptada aos seus compradores, cada vez máis esixentes. O Selo de Calidade conleva o coñecemento da normativa en materia de comercio, esixindo unha atención segura, cortés e con capacidade de resposta dos responsables e traballadores da empresa.
Asímesmo, a obtención do distintivo ofrece a vantaxe de distinción ante os comercios do mesmo sector, potenciando o trato persoal, de proximidade e confianza como elementos de competitividade.
O acto de entrega do Selo de Calidade que se celebrará o vindeiro domingo 30 de novembro ás 11:30 no Hotel Monumento San Francisco en Santiago, estará presidido polo Conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco, asistindo os establecementos comerciais galardonados de toda Galicia para recibir o distintivo, e ademais asistirán directivos de Fecimo.