VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, proporá ao Ministerio de Traballo que aos traballadores do sector da automoción non se lles consuma o período de prestación por desemprego ao que teñen dereito por mor dun expediente de regulación de emprego motivado por suspensión temporal da actividade.
A intención de Varela é que calquera traballador deste sector que por causa da baixada de produción da empresa estea afectado por un ERE, manteña “a conta cero” o seu período de prestación por desemprego ante a posibilidade ulterior dun expediente de regulación de emprego por extinción da actividade.
“Son partidario de que os tempos que se consuman de prestación por desemprego durante a situación de baixa por ERE de suspensión non computen, de maneira que, se posteriormente a situación laboral derive en extinción, se poña o contador a cero”, explica.
Ao seu ver, trátase dunha medida xa empregada nalgunha ocasión que tería por obxectivo protexer aos traballadores deste sector, especialmente castigado pola actual crise económica.
Así pois, o titular de Traballo trasladará esta proposta ao ministro Celestino Corbacho, ao que tamén manterá ao tanto das medidas adoptadas na Comunidade galega para paliar na medida do posible a situación pola que está a atravesar o sector da fabricación de vehículos.
Neste sentido, a Consellería de Traballo está a ultimar as ferramentas xurídicas que permitirán poñer en marcha o plan de formación dirixido para as empresas do sector, cun orzamento de 10 millóns de euros, que previsiblemente serán aprobadas no Consello da Xunta do vindeiro xoves.