COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- “Manifestamos a nosa repulsa máis tallante contra esta violencia exercida de moitas maneiras contra as mulleres e que chega á súa expresión máis terríbel na morte dalgunhas a mans dos seus compañeiros ou ex compañeiros”, asegurou hoxe Rosário Fernández Velho, nun acto do BNG no día contra a violencia machista. “As forzas políticas temos responsabilidade coa construción da igualdade con feitos concretos, alén das declaracións de intencións”, asegurou.
A secretaria de acción Feminista estivo acompañada por Ánxela Bugallo, conselleira de cultura do goberno galego; Manola Freire, alcaldesa de Vilasantar; Martiño Noriega, alcalde de Teo; e polas concelleiras Manola Ferreiro, de Cuntis; Iolanda Veloso, de Vigo; Vitoria Rei do concello de Dodro; Lurdes Rei, do concello de Carballo e Olga Pedreira, de Santiago de Compostela.
“Estas persoas poñen no día a día desde o goberno, desde os concellos, como alcaldesas e alcaldes, como concelleiras de Igualdade, ese traballo que fai falta para erradicar da sociedade unha das súas partes máis dolorosas, como é a violencia machista” afirmou Fernández Velho, quen avogou por “levar esta cuestión do privado ao social”.
A importancia dos concellos
“Os concellos son as institucións que máis proximidade teñen coa xente e son os entes que poden axir para facilitar recursos de asistencia e atención e accionar os recursos preventivos”, destacou. “Esta proximidade permite actuar con máis dilixencia e facer cousas concretas, que máis alá de grandes palabras son o que precisan as mulleres que sofren violencia machista”.
“Todos, todas podemos facer algo contra a violencia machista”
Rosário Fernández Velho deu lectura á declaración institucional, na que se afirma: “Esta ten que ser unha data de compromiso dos gobernos, do conxunto de organizacións sociais e da cidadanía en xeral para a sensibilización e a actuación respecto do grave problema que constitúe a violencia machista”.
Así mesmo, sinálase que os recursos para atender ás mulleres e as campañas de sensibilización sobre a violencia non deben depender da situación económica senón ser entendidos como prioritarios.
O BNG considera que este é un problema “de carácter social, imbricado nos valores existentes e cun carácter estrutural, que ten as súas orixes nas relacións de poder históricamente desiguais entre homes e mulleres e precisa de medidas artelladas na propia sociedade”.