COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- A Xunta de Galicia admitiu hoxe no Parlamento o retraso de máis de un ano que acumula a aprobación do decreto polo que se regula o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma. O texto, promovido pola Consellería de Educación, dispón do visto e prace do Consello Escolar de Galicia e do Consello Consultivo desde hai máis de un ano, pero atópase coa oposición frontal do BNG, que xestiona a primeira etapa da educación infantil, na que se atenden aos nenos de entre cero e tres anos, denunciou o Partido Popular.
A confirmación deste retraso produciuse esta tarde no Parlamento, cando a conselleira Sánchez Piñón respondeu a unha pregunta formulada pola voceira de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, que puxo de manifesto o baleiro legal, en materia de contidos, no que están escolarizados os nenos que cursan educación infantil en Galicia.
"A conselleira de Educación recorreu aos eufemismos para evitar referirse directamente ás fortes tensións existentes entre PSOE e BNG en materia de ensino, limitándose a sinalar que o texto do proxecto de decreto que regula o plan de estudos da educación infantil segue o seu trámite. Faltoulle engadir que ese trámite está paralizado polos socios nacionalistas de Touriño", explicou Manuela López Besteiro.