26 noviembre 2008

MUJER DE 72 AÑOS
ATROPELLADA EN VILAGARCIA

VILAGARCIA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de 12 accidentes de tráfico e outras 125 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 125 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 311 consultas telefónicas. O máis salientable:
- Ás 11:03 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello de TRABADA, na poboación da Retorta, nunha granxa. Para atender a vítima que se precipitara dunha altura, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, logo dunha primeira valoración e asistencia, se trasladou a un varón de 33 anos, J.C.G.S, politraumatizado ao Hospital da Costa.
-Ás 11:39 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun atropelo no concello de VILAGARCÍA, no cruce das Carolinas. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial e o médico de atención primaria que, logo dunha primeira valoración e asistencia, se trasladou a unha muller de 72 anos, M.E.G.M., politraumatizada ao Hospital do Salnés.