COMPOSTELA/ MOS (MORRAZO-tribuna) .- O Bloque Nacionalista Galego, a través do seu Secretario de Acción Municipal, Roberto Mera, voltou hoxe a responsabilizar ao presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijoo, da moción de censura no concello de Mos. Mera reiterou que “esta actuación do PP, apoiándose nun tránsfuga, violenta e despreza a vontade democrática expresada polos veciños e veciñas de Mos nas últimas eleccións municipais”.
En canto á desautorización da moción de censura por parte da dirección do Partido Popular, Mera considera que “non abonda con desautorizala, Feijoo debe parala”. O nacionalista cre que “o PP e Núñez Feijoo non teñen credibilidade, desautorizan a censura coa boca pequena pero non a paran e demostran unha vez máis que son profesionais das mocións de censura, mercando vontades de tránsfugas como fixeron recentemente en Pobra de Trives ou Calvos de Randín e como fan agora en Mos”.
Por iso, o BNG reafírmase en que “a moción de censura foi auspiciada e avalada por Feijoo e, por iso, quen despreza a vontade democrática dos cidadáns non pode presidir Galiza”. Mera engade que “se fose certo que non sabía nada e que desautoriza a censura pero non a impide estaríamos ante un Núñez Feijoo feble e sen autoridade no PP e, ademais, desaparecido en América buscando votos. Se Feijoo é incapaz de gobernar o seu propio partido non pode aspirar a gobernar o país”. Mera conclúe afirmando que “quen despreza a vontade democrática dos cidadáns e quen é incapaz de presidir o seu propio partido non pode presidir o goberno de Galiza”.