COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, amosaron esta mañá a súa confianza de que a xuntanza que se está a producir en Santiago entre as comunidades autónomas e o Goberno de España sirva para sentar as bases para a elaboración dun Plan integral do automóbil concertado e coordinado. Así o aseguraron, logo de presidir a inauguración da reunión das comunidades autónomas con centros de produción de automóbiles e o Goberno español, que ten por obxectivo último buscar solucións coordinadas ante as dificultades que está a atravesar o sector.
Na súa intervención, o titular do Goberno galego, ao igual que o ministro, amosou a súa confianza de que “desta xuntanza sairán iniciativas, reflexións e análises que nos permitan ir traballando, nun período curto de tempo necesariamente, na dirección de poder lograr ese Plan integral do automóbil que, sen dúbida –incidiu Touriño-, compartimos todos a súa necesidade”.
“Debemos de buscar un espazo de concertación e de medidas no impulso desde España na senda europea”, remarcou o presidente galego na súa intervención, lembrando que estamos ante unha crise “global, que transcende as posibilidades dunha comunidade e do propio concerto das comunidades autónomas co Goberno de España”. Por iso, aseverou, “as medidas debemos plantexalas no contexto e no impulso da iniciativa europea”.
Tanto Emilio Pérez Touriño como o ministro Miguel Sebastián amosaron a súa confianza de que no ámbito europeo se poidan concertar medidas que vaian na dirección de incentivar o consumo, pero recoñeceron que tamén no ámbito de España e das comunidades autónomas hai “un camiño por diante”. O presidente da Xunta coincidiu co ministro na necesidade de dar unha resposta “de maneira concertada e dialogada, coordinadamente no ámbito español e europeo, concertadamente cos axentes sociais, nun clima de diálogo e estabilidade” que, segundo remarcou Touriño, “é fundamental para restablecer a confianza”.
Un sector estratéxico para a economía galega e española
Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño transmitiulle aos representantes das comunidades autónomas a súa confianza de que desta reunión será “sen dúbida, positiva” e “importante” para poñer en común e concertar “aquilo que estamos facendo desde as distintas comunidades autónomas e o impulso xeral desde o Goberno de España”.
Touriño cualificou o sector da automoción como “columna vertebral da economía española” xa que, segundo explicou, representa máis do 8 por cento do PIB e o 7 por cento do emprego. Estamos, polo tanto, ante un “sector importante, que está repartido ao longo e ancho da xeografía española, con presenza en nove comunidades autónomas con 18 plantas e 11 centros fabrís e un importante efecto inducido, directo ou indirecto, sobre todo o sector”, engadiu o presidente galego.
No caso de Galicia, Pérez Touriño explicou que o Clúster do automóbil “ten unha gran relevancia na comunidade”, posto que engloba a un número “moi importante de empresas”, 81, entre elas, a fábrica matriz de PSA Peugeot Citröen de Vigo. “A achega ao conxunto da industria en España é moi relevante”, engadiu: o 18 por cento da facturación; máis do 16 por cento das exportacións totais españolas en automóbil; preto dun 14 por cento do emprego nacional e un 19 por cento da produción de vehículos. Unhas cifras que, en palabras do presidente autonómico, “poñen de relevo a importancia que ten o sector da automoción de Galicia no conxunto de España, e aínda superiores no que é a economía rexional: 25.000 empregos directos e 12.500 inducidos; un 11 por cento do emprego industrial en Galicia; un peso no noso PIB que chega case ao 17 por cento, e un peso nas exportacións galegas do 41 por cento”, sinalou.
Actitude proactiva da Xunta de Galicia
Ante o peso estratéxico que ten o sector do automóbil na nosa comunidade e ante a crise económica global que estamos a vivir, o Goberno galego manifestou, desde un primeiro momento, unha actitude “proactiva e de compromiso co sector da automoción”, tomando medidas, “na medida das nosas posibilidades”, indicou Touriño.
“Desenvolvemos unha política de concertación, de diálogo, xeramos un Foro do automóbil no que están constituídas tres mesas de traballo, desde o primeiro momento: a parte social, a que afecta ao emprego, as medidas que teñen que ver co traballo, coa formación e coa ocupación; unha segunda mesa, de apoio directo desde o punto de vista económico, medidas financeiras que no seu caso poden instrumentarse, o apoio ante problemas de liquidez e circulante; e por último medidas industriais, a longo prazo, as que teñen que ver con melloras na competitividade, en innovación e desenvolvemento, o apoio ao Cluster no que ten que ver coas novas tecnoloxías”, explicou o presidente galego.
Na mesma liña, lembrou o novo paquete de medidas presentado a semana pasada polo Goberno que preside: a implementación dun plan de formación no sector da automoción, cunha dotación inicial de 10 millóns de euros, que pretende salvar o impacto directo do desemprego, apoiando a formación, de xeito directo, “empresa a empresa do Cluster”. Unha medida coa que, en palabras de Pérez Touriño, “pretendemos que nos evite entrar nunha sangría de desemprego, que nos evite entrar en perda, en amputación de partes do noso tecido produtivo que, unha vez que saiamos da crise, se quedaran danadas irremediablemente, sería difícil volver recuperalas”.
A outra liña de medidas anunciadas polo Goberno galego vai na dirección da activación do consumo: o pago dun seguro por parte da Xunta, concertado coas entidades financeiras, “para que todo traballador que quede nunha situación de desemprego non quede danado na súa capacidade de acceder a esa compra de vehículo ou vivenda”, concluíu.