28 noviembre 2008

SUSO PAZ ENCUBRE A ABEL CABALLERIO E NÉGASE A FACILITAR COPIA DOS CONTRATOS EFECTUADOS A PARENTES E AFILIADOS DO PSOE VIGUÉS, acusa el PP

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente do Porto de Vigo, Jesús Paz, negou hoxe á deputada do PP no Congreso Nava Castro, e ao deputado autonómico Ignacio López-Chaves, copia da documentación relacionada cos contratos efectuados por Abel Caballero, na súa anterior etapa como responsable da Autoridade Portuaria, a familiares e militantes do PSOE vigués.
Deste xeito, a Autoridade Portuaria mudou de criterio respecto á anterior visita dos deputados populares, na que se lles indicou que se lles facilitarían copias, pero que necesitaban tempo para preparar a documentación.
Transcorrido un mes desde a anterior visita, na xornada de hoxe -denuncia o Partido Popular-, o presidente da Autoridade Portuaria, presionado polo seu antecesor, Abel Caballero, mudou de criterio e negou toda a documentación que acredita os contratos irregulares, contravindo así un mandato do Congreso dos Deputados, que instaba a Nava Castro a examinar os expedientes na sede do Porto. Previamente, a Autoridade Portuaria xa se negara a facilitar esas copias ao Parlamento de Galicia, onde foran reclamados por López-Chaves.
A xuízo do deputado popular, a actitude amosada hoxe polo presidente da Autoridade Portuaria “recórdanos a etapa máis escura do PSOE, a dos anos 90, na que tamén negaban ao Congreso calquera indicio que puidera desvelar as numerosas irregularidades cometidas polos seus responsables desde diferentes cargos públicos”.