A Concellería de Xuventude do Concello da Guarda comunica que está aberto o prazo de preinscrición para tódolos grupos e solistas musicais que temos entre a mocidade guardesa e que estén interesados no uso do local de ensaio municipal.
Con esta preinscrición inténtase facer unha estimación do número de grupos que solicitarán a utilización deste espazo. Por outra banda está previsto facer unha reunión con estes potenciais usuarios para que coñezan a sala de primeira man.
Para a preinscrición e máis información deberán achegarse á OMIX ou chamar ó 986614546