COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O Parlamento de Galicia está a piques de aprobar a primeira Lei de Arquivos da historia do país na que por primeira vez se regulan e ordenan non só os arquivos xestionados pola Xunta de Galicia senón todo o panorama arquivístico galego. Con este dato quixo responder Felipe Arias, director xeral de Patrimonio Cultural, ás acusacións do PP de mala xestión á fronte dos arquivos da Xunta.
Arias lembrou que desde que se fixeron as transferencias en materia cultural a Galicia en 1982 ningún dos sucesivos gobernos conservadores elaborou unha Lei de Arquivos que a estas alturas xa teñen practicamente todas as comunidades autónomas. Ademais, salientou que desde 2005 o novo Goberno “aumentou notablemente os convenios de colaboración para a mellora de arquivos por todo o país”.
As deficiencias ou as insuficiencias diagnosticadas ás que se refire o PP “proveñen de anos atrás e o que se fixo nos tres últimos anos foi promover e aumentar as axudas e colaboracións anteditas, ademais de elaborar a necesaria e demandada lei que regulamente o panorama xeral dos arquivos galegos, sexa cal sexa a súa titularidade”.
Galiza é unha das poucas comunidades autónomas que aínda non conta cunha lei propia para regular os arquivos e o patrimonio documental. O panorama arquivístico galego actual amosa ademais unha serie de problemas relacionados coa inexistencia dun modelo uniforme de xestión arquivística, aspectos todos que fan urxente a aprobación dunha lei propia que xa está a piques de ser refrendada.Para solventar esta situación herdada, a Consellaría de Cultura comezou a traballar neste anteproxecto en setembro de 2006, en colaboración cun grupo de traballo de arquiveiros de Galiza, formado por profesionais de recoñecido prestixio das principais entidades arquivísticas do país. As súas consideracións serviron como base do actual proxecto.