PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- O BNG de Ponteareas ven de informar do presunto engano cometido polo goberno municipal do PP que, en outubro de 2007, aprobaba as facturas e xustificaba o gasto de 9.000 euros pola edicion da revista “Soberosum”, que agora, un anos despois, o concelleiro de cultura, Andrés Sampedro recoñece que esta revista aínda está sin editar.
O 30 de outubro de 2007, o goberno local do PP, xustifica a edición de 825 exemplares da revista “Soberosum”, remitindo as facturas aprobadas por 9.000 euros a Consellería de Cultura, para percibir unha subvención do mismo importe en base ao convenio suscrito pola realización de investimentos en actividades difusoras do Museo Municipal.
No Pleno do pasado mes de outubro, o concelleiro de cultura, Andrés Sampedro, afirmou que a revista Soberosum aínda está sin publicar, contradecindo o acordo de outubro de 2007 no que participou como membro da Xunta de Goberno e ao proprio alcalde, que en xuño deste ano, contestaba que a revista estaba xa difundida.
O BNG acusa a Salvador González de “mentir ao afirmar que a revista Soberosum estaba publicada e xa difundida “e vai solicitar unha comisión informativa sobre o tema, para que tanto o alcalde como o concelleiro de cultura asuman as responsabilidades que lles corresponden.”
O BNG de Ponteareas, a traverso do seu Portavoz, Bolivar González, lamentou que “unha vez máis o goberno do PP, neste caso coa responsabilidade directa do Alcalde e o Concelleiro de Cultura, traten de enganar a Xunta de Galiza, para ocultar a súa incapacidade,”.